
Detalles do eventos
A correctora e escritora viguesa Estela Gómez, tamén colaboradora deste medio desde case os seus inicios, presenta este luns 7 de abril ás 19:00 h
Detalles do eventos
A correctora e escritora viguesa Estela Gómez, tamén colaboradora deste medio desde case os seus inicios, presenta este luns 7 de abril ás 19:00 h na biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios a súa primeira novela, Todo es verdad porque nadie mira (Plasson & Bartleboom). A autora estará acompañada polo escritor Javier Peña.
SINOPSE
Julia volve á súa cidade natal porque a súa amiga Marta tivo unha filla, o que sería unha boa noticia se non fose porque pasou o tempo e todo está descolocado. Entre as mans leva un ramo de flores e, no bolso, o manuscrito dunha novela titulada As nenas, na que trata de reorganizar a cartografía da súa familia e do seu grupo de amigos para que ninguén, nin sequera ela mesma, poida cuestionarse a onde pertence. Pero ser a cronista desde fóra conleva o risco de terminar por sentirse unha estranxeira na súa propia memoria.
Todo es verdad porque nadie mira é unha novela sobre a potencia dos recordos de infancia e sobre a louxa dunha educación sentimental baseada na culpa e os silencios. Tamén é unha historia sobre o peso das nosas relacións familiares a través dos anos, cuxa inmutabilidade acaba por encapsular unha versión ríxida de nós mesmos a pesar de que a vida que armásemos xa sexa outra. Con ecos de Carmen Martín Gaite, Jonás Trueba ou Aurora Venturini, esta novela é, sobre todo, unha homenaxe á amizade e unha reflexión sobre o complicado que resulta permanecer sen estar presente, que nos pon fronte ao dilema de se é lexítimo pretender desempeñar un rol nun lugar que xa non se habita.
Máis
Hora
7 abril, 2025 19:00(GMT+02:00)
Hoxe móvese
- Mes actual