
Detalles do eventos
A Orquestra Clásica de Vigo presenta a súa tempada concertística para o primeiro cuadrimestre e faino unha vez máis co seu peculiar modo de achegarnos
Detalles do eventos
A Orquestra Clásica de Vigo presenta a súa tempada concertística para o primeiro cuadrimestre e faino unha vez máis co seu peculiar modo de achegarnos a música clásica: cunha mirada descentralizada da Historia habitual e ofrecendo lecturas alternativas que dean pé a outros xeitos de viaxar pola obra das diferentes figuras da Música.
Baixo o título de INTEGRAIS, a decana das orquestras de Galicia ofrece tres concertos que, a diferenza doutras ocasións anteriores, poñen, respectivamente, o foco nun só protagonista. Logo dunha pre tempada centrada na homenaxe ao noso célebre Reveriano Soutullo no centenerario de La Leyenda del beso, será este mesmo autor quen protagonice o o primeiro dos concertos de Integrais.
Máis
Hora
15 febreiro, 2024 20:30(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Teatro Afundación
Marqués de Valladares s/n
Hoxe móvese
- Mes actual