CAMELIAS MASCOTAS

A Clásica: Día Europeo da Música

25xuñ13:30A Clásica: Día Europeo da MúsicaCONCERTOS | De balde13:30(GMT+02:00) Concatedral de Santa María

Detalles do eventos

A Clásica pecha a temporada Escoitas e inaugura os concertos de verán coincidindo co Día Europeo da Música, que se conmemora o 21 de xuño. O tradicional concerto da orquestra para festexar este día tan especial co público será o domingo 25 de xuño, ás 13:30 horas, na Concatedral de Vigo.

Seguindo co lema da temporada que remata, a Clásica propón neste programa contrapoñer dúas escoitas: o clasicismo de Mozart en Salzburgo e o nacionalismo de Grieg. Ademais, a orquestra tamén prepara unha sorpresa para completar o evento, no que o importante é compartir e achegar o amor pola música a todos os públicos, así como sacar a música clásica dos espazos máis convencionais, unha aposta clara na liña estratéxica da Clásica.

A entrada é de balde previa retirada de convite na plataforma Enterticket. Ademais, en caso de quedar espazo dispoñible ese día, tamén se poderá acceder por orde de chegada ata completar a capacidade.

A conmemoración do Día Europeo da Música convértese nunha xornada festiva aberta á cidade na que non importan as etiquetas. O concerto conta co apoio do Concello de Vigo, a Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra, e a colaboración de Radio Galega, Welgood Solutions, Musical Vigo e Musical Pontevedra.

Máis

Hora

25 xuño, 2023 13:30(GMT+01:00)

Localización

Concatedral de Santa María

Praza Igrexa, 10, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events