REVISTA ABRIL

08abr17:00Proxección 'Los destellos' con Pilar PalomeroACTIVIDADES PARA O COCO | De balde17:00(GMT+02:00) Museo Marco

Detalles do eventos

Rueda Academia de Cine, programa de desarrollo audiovisual impulsado pola Academia de Cine, chega a Vigo por segundo ano consecutivo. Do 7 ao 11 de abril, a cidade acollerá unha ampla programación con mentorías para os proxectos seleccionados, actividades formativas e sesións abertas para o público xeral e para centros educativos, nas que participarán a cineasta Pilar Palomero, a actriz Carolina Yuste, o guionista Fran Araújo e o realizador galego Lois Patiño, entre outros.

As proxeccións abertas á cidadanía comezarán o 8 de abril, día dedicado a Los destellos. O pase terá lugar no Museo Marco ás 17:00 horas e completarase cun coloquio coa sua directora e protagonista Pilar Palomero, que compartirá co público esta historia que logrou catro nominacións aos Premios Goya e competiu na Sección oficial do Festival de San Sebastián.

O 10 de abril será a quenda de La infiltrada, película pola que Carolina Yuste logrou o Goya a Mejor Actriz Protagonista e que se verá no Auditorio Municipal do Concello ás 18:00 horas. A intérprete protagonizará un encontro co público sobre este thriller, que tamén se alzou co Goya a Mejor Película ex aequo.

Durante estes días Rueda Academia de Cine tamén desenvolverá diferentes actividades dirixidas ás persoas seleccionadas nesta residencia que se desenvolverán no Edificio Redeiras da Universidade de Vigo no Berbés e que culminarán cun paseo en barco pola ría de Vigo. Así mesmo, haberá actividades para centros educativos da cidade e fundacións vencelladas á cidadanía. Carolina Yuste, Afioco Gnecco e Javier Naranjo participarán nestes obradoiros que se desenvolverán na Escola de Arte Dramático de Galicia (ESAD), o IES Valadares e o Instituto Audiovisual de Bouzas. A estas actividades súmase o obradoiro Filmar el movimiento, impartido por Lucía Estévez para a Fundación Igualarte, que traballa a través de proxectos artísticos con persoas con discapacidade intelectual.

Máis

Hora

8 abril, 2025 17:00(GMT+02:00)