18feb(feb 18)18:0020abr(abr 20)22:00Mostra antolóxica 'Silencio Roto ' de Francisco TorrónARTE E MUSEOS | De balde(febreiro 18) 18:00 - (abril 20) 22:00(GMT+01:00) Casa das Artes

Detalles do eventos

Este martes 18 inaugurouse na Casa das Artes a mostra antolóxica “Silencio Roto” do pintor e restaurador Francisco Torrón. Trátase dunha exposición antolóxica de Francisco Torrón Durán, un artista de notoria importancia polo seu legado artístico. Compaxinou a súa vida como pintor e escultor xunto coa de restaurador do Patrimonio Nacional no Palacio Real de Madrid.

Do 18 de Febreiro ata o 20 de Abril de 2025

Sobre Francisco Torrón

Francisco Torrón Durán (A Coruña,1934 – Madrid, 2020). Na súa maioría de idade decidiu realizar Belas Artes na Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid (1952). Tempada que coincide con artistas como Antonio López, María Moreno ou Manuel Alcorlo; e profesores de gran prestixio como Eduardo Capa, Luis Mosquera e os irmáns Zubiaurre.

Unha vez finalizados os seus estudos entrou como restaurador do Patrimonio Nacional no Palacio Real, combinando o seu traballo coa súa vida artística. Formou parte da corrente artística coñecida como realismo madrileño ou realismo máxico dos sesenta e setenta, participando en exposicións colectivas e individuais.

Realizou grandes labores de restauración destacables no Palacio Real, o Mosteiro del Escorial ou no das Descalzas Reais de Madrid (traballo polo que se lle outorgou a medalla da UNESCO).

A súa produción artística cobra madurez a partir dos oitenta e son identificativos os seus bodegóns de cores terra, naturezas mortas, cristalería e sobre todo retratos. Unha pintura moi solta de forte pincelada cunha atmosfera envolvente característica das súas obras. No ano 2007 foi nomeado Académico das Belas Artes pola Real Academia Galega das Belas Artes.

O sinal de Francisco é de gran valor cultural tanto na restauración como na obra artística. Grazas ao seu labor de restauración podemos seguir vendo obras expostas en museos ou mosteiros doutros artistas de gran relevancia como Lucas Jordán ou Gregorio Fernández. Mentres que na súa obra artística ha legado un gran número de obras expostas en museos, fundacións ou galerías.

Horario:

Luns, o mércores e venres: de 18:00 a 21:00 h
Martes e xoves: de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h
Sábados: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h
Domingos: de 12:00 a 14:00 h

Máis

Hora

18 febreiro, 2025 18:00 - 20 abril, 2025 22:00(GMT+01:00)

Localización

Casa das Artes

Policarpo Sanz, 15, Vigo

Other Events