REVISTA SETEMBRO

A Carreira Ponle Freno chega este domingo a Vigo

14xul10:00A Carreira Ponle Freno chega este domingo a VigoACTIVIDADES DEPORTIVAS | 10,00€10:00(GMT+02:00) Mirador Paseo Alfonso XII

Detalles do eventos

O domingo 14 de xullo celébrase en Vigo a Carreira Ponle Freno, organizada por Atresmedia. Ese día correrase polas vítimas de tráfico. A proba conta con dous percorridos, un de 5K e outro de 10 K (o de 5 quilómetros dúas veces). A saída é as 10:00 da mañá desde o paseo de Alfonso XII, onde tamén rematará este percorrido circular.

O diñeiro recadado coas inscricións destinarase integramente a un proxecto a favor das vítimas dos accidentes de tráfico.

Día e hora
Domingo 14 de xullo 2024

  • Hora carreiras adultos: 10h00.
  • Hora carreiras infantís: Unha vez finalizadas as carreiras de adultos.
  • Tempo límite para completar a proba de 5K: 45 minutos
  • Tempo límite para completar a proba de 10k: 1h 15 minutos.

Percorrido e distancia
Circuítos de 5 e 10km e infantís con saída e meta en Alfonso XII.

Carreiras infantís

Nados/as do 2010 ao 2015 (8/9 a 13/14 anos) 800 metros

Nados/as do 2016 ao 2019 (4/5 a 7/8 anos) 500 metros

Nados/as do 2020 en diante (ata 4 anos) 150 metros

Inscricións
A cota de inscrición é de 10€ para as distancias de 5km e 10km, e gratuíta para as carreiras infantís, As inscricións pódense formalizar na web www.carrerasponlefreno.com . O prazo de inscrición finaliza o sáb 13 Xullo ás 14h ou fin de dorsais.

Retirada de dorsal-chip e camiseta conmemorativa
A entrega de dorsais realizarase o sábado 13 de xullo entre as 11:00 e as 20:00 horas no Centro Comercial Gran Vía de Vigo.

En caso de non poidas acudir presencialmente, alguén pode recoller a túa bolsa do corredor mostrando a túa inscrición.

As tallas das camisetas entregaranse por estrita orde de recollida do dorsal-chip.

En ningún caso poderase recoller o dorsal e/o camiseta o día da carreira.

No caso das infantís, a camiseta non está incluída. Poderá comprarse ao prezo de 5€ na propia recollida de dorsais.

Máis

Hora

14 xullo, 2024 10:00(GMT+02:00)

Localización

Mirador Paseo Alfonso XII

Paseo de Alfonso XII, 3, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events