
Detalles do eventos
Nazario González, máis coñecido como Moxenas, foi un poeta popular, compositor e figura irrepetible da música popular galega que residía en Sárdoma. O alcume venlle
Detalles do eventos
Nazario González, máis coñecido como Moxenas, foi un poeta popular, compositor e figura irrepetible da música popular galega que residía en Sárdoma.
O alcume venlle do seu bisavó, que era limpachemineas e a vocación pola música apareceu ben cedo, pois xa con sete anos deu os primeiros pasos no mundillo da gaita da man de Xosé Barcia Couto, máis coñecido como ‘Pepe O Coxo’, un gaitiero paralítico que recorría Vigo na súa silla de rodas tocando polas festas.
No 1978 creou con Xosé Manuel Fernández Costas o grupo Muxicas a partir de Lembranzas Galegas, que ensaiaban nas instalacións dos Franciscanos no Barrio do Cura. Este novo quinteto revolucionou a música tradicional galega, tanto polo seu innovador vestuario como pola importancia concedida á percusión ou a súa labor de animación, promovendo os festivais folklóricos de inverno.
Un ano máis, o Auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valadares rende homenaxe a Nazario González albergando o 13º memorial co seu nome. A programación deste ano está chea de artistas e grupos galegos de renome, que tocarán música tradicional galega e, por suposto, folklore.
- Domingo día 13 ás 19:00 h: Anxo Lorenzo e Os Basaduriños.
- Sábado día 19 ás 19:00 h: Alberto Vilas e Tino Baz.
- Domingo día 20 ás 19:00 h: Os Terribles de Donas e Abóbriga.
- Domingo día 27 ás 19:00 h: Acordeireta e Ansuiña.
Anxo Lorenzo trío: Innovación, experimentación e virtuosismo son as verbas que mellor definen ao gaiteiro moañés. Anxo Lorenzo, un dos mais internacionais con máis de 200 concertos como gaiteiro galego nos países celtas do arco atlántico, especialmente no Reino Unido e Irlanda. Sempre buscando novos horizontes musicais, creando un son único coa gaita galega dentro do panorama Folk internacional, recibindo premios e as mellores crìticas da prensa especializada e do público nos festivais mas prestixiosos de Europa con 4 traballos discográficos: “TIRÁN” (2009) e “CONFUXON” (2014) con Zouma Records, “SPIRITU(986)” e “VORTEX”(2018), ademais de moitas colaboracións ao vivo e gravacions de estudio con artistas internacionais sempre no eido da tradición.
Os Basaduriños: Cinco amigos que se atoparon a través dunha das festas máis sonadas das Rías Baixas: o carnaval do Hío. Aínda que comezamos o noso percorrido pola música tradicional en lugares, asociacións e ata décadas diferentes, un día decidimos xuntarnos para tocar nesta festa como os gaiteiros da Comparsa de Donón, e dende entón compartimos unha cantidade indefinida de horas de voo. Como a aldea de Donón é o noso nexo de unión, quixemos nomear ao noso quinteto cun lugar máxico da costa da Vela: punta Basaduriños. Contamos cun repertorio tradicional moi variado, no
que mesturamos pezas de gaiteiros referentes como foron Os Morenos de Lavadores, Os Gaiteiros de Soutelo, Os Campaneiros ou Os Areeiras de Catoira, con outras pezas de composición actual da man dos mestres Roberto Sotelo ou Rodrigo Romaní. E por suposto, o noso repertorio, como o de tantos grupos de música tradicional galegos, tamén está formado por pezas de Nazario González Iglesias (Moxenas).
Alberto Vilas: Compositor, pianista, profesor de piano, pianista acompañante, músico freelance. Músico con formación clásica nas súas orixes, Estudou piano con Chan-Rok Moon e harmonía e composición con Joám Trilho e Carlos Cambeiro Alís no Conservatorio Superior de Música de Vigo onde obtivo a licenciatura superior da especialidade. Despois de completar é o seu os estudos seguen facendo cursos de mellora da técnica e da interpretación piano con mestres como
María Jesús Crespo ou Luiz de Moura. Desde moi novo formou parte de varias organizacións. grupos de rock, o que lle permite comezar experimentar no mundo da composición e arranxos dun xeito máis libre. É un dos membros máis antigos da prestixioso cuarteto de tango instrumental Tangata co bandoneonista uruguaio Artigas Anelo, a violinista Laura Quintillán e o contrabaixista Gustavo A. Barcia, grupo co que gravou catro obras selos discográficos: “COMO EN OUTU-
BRO” (1997), “TRECE” (2000), “CALAMBRE” (2007) e “30 ANOS” (2018) e coa que viaxou por todo o mundo a xeografía galega e boa parte da de España e Portugal.
Tino Baz: Cantor baixomiñoto, orixinario do pobo da Guarda, desenvolve desde moi cativo unha parcela concreta dentro da música galega actual como autor, músico e cantor. Ligado a música tradicional iniciase no grupo “Os Pelouros” a idade de oito anos, nunha altura onde xa tiña iniciado unha actitude cantora, fortemente influenciada pola ámbito cultural, musical e sobre todo familiar daquela época. Da man de Suso Vaamonde, entra a formar parte do grupo “A Roda” a principios dos noventa onde permanecerá durante un período de perto de sete anos, e que definirá a súa posterior andaina musical como cantor. Autor de textos e melodías propias, tamén melodiza a figuras senlleiras da nosa literatura e que serán mostradas no transcurso deste evento hoxe en Valadares.
Os Terribles de Donas: Claudino Sousa decide alá polo ano 1939 formar a primeira agrupación dos Terribles, un cuarteto que actúa por primeira vez na festa da Pedramoura, Donas, baixo o nome de Os Terribles de Borreiros. Este primeiro grupo estaba formada por Cesáreo Pereira (gaita e frauta), Abilio Pereira (bombo), Jesus Vesada (caixa) e o propio Claudino (gaiteiro e cabeza do grupo). A partir das primeiras actuacións, o grupo incorpora novos instrumentos como o requinto, o clarinete ou os saxofóns soprano e alto, conformando así unha murga. Xa como Terribles de Donas, Claudino Sousa, Saladino “O Barreiro” (posteriormente relevado por Manuel “O Campanas”), Jesus Vesada, e Jose Sousa “O Ventos” conseguen unha fama considerable en Galicia e norte de Portugal coa interpretación do repertorio máis popular do momento que enriquecían con composicións propias.
Abóbriga: Abóbriga xorde a finais do ano 2008, onde parte dos gaiteiros do Monteboi (Baiona) contactamos con varios músicos para facer unha colaboracion nunhas actuacions informais, e tanto gustou o resultado que decidimos formalizar o grupo. Durante o noso pequeno tempo de vida demos diversas actuacións: Furancho Malaherba (Matamá), Furancho da Balsa (Matamá), Sala Clandestino (Ramallosa), Sala Farandula (Vigo) para a caravana solidaria “Galicia non se vende”, Festa do marisco 2010 de Vigo, actividades culturais do BaiVerán 2009 e 2010 de Baiona na Praza do Concello…O noso repertorio é amplo tanto en pezas tradicionais coma de “cosecha propia”. Temos tamén cancións nas que colaboran coa súa voz as rapazas de “Grialia”.O nome do grupo, “Abóbriga”, provén dos antigos gregos, que denominaban así ao pobo onde naceu a nosa agrupación, a actual Baiona.
Acordeireta: Tras ‘Loitar cantando’ (2020), o primeiro proxecto do dúo Acordeireta (Saiáns, Vigo), chega ‘Baixo os remendos, nós’, un segundo disco para segundas vidas. Patricia González Iglesias e Alejandro Balbuena Ojea parten do
remendo co obxectivo de concibir un álbum distinto e innovador, onde se sitúan, literalmente, debaixo das eivas e dos problemas diarios para coselos co canto e a música. Son eles, os remendos, os alicerces. Cos seus fíos preséntannos este novo traballo composto ao longo de varios anos, sen présa, ao son do corpo. Como xa acontecera en ‘Loitar cantando’, a poesía e a música encóntranse para confluír nas voces e mans de Patri e Alex. Este disco convértese nunha revolta, na
que convive o social e a música tradicional, mesturada con temas de creación propia xunguida ás raíces e textos de poetas, moitas delas homenaxeadas no Día das Letras Galegas, como son Rosalía de Castro, Manuel María, Florencio Delgado Gurriarán ou Xela Arias
Ansuiña: Cuarteto de música tradicional galega fundado en 1989 en Vilanova de Arousa. Mais en realidade somos catro compañeiros que nos coñecemos dende os tempos mozos. Eramos adolescentes cando o grupo se formaba, comezabamos a tocar a gaita, que non a ser gaiteiros. Fomos medrando, aprendendo e disfrutando coa nosa música e os nosos instrumentos. As nosas vidas foron mudando ao longo destas décadas, pero ANSUÍÑA sempre estivo vivo e presente para cada un de nós. Compartimos amizade coa música como vínculo e así levamos case catro décadas. A música a pé de rúa, en contacto directo coas persoas. Sen grandes ambicións pero sí intentando, con honestidade e criterio, poñer a nosa música tradicional en valor e contexto.
Máis
Hora
13 abril, 2025 19:00(GMT+02:00)
Localización
Auditorio CVC Valladares
Camiño do Pedregal, 6, 36315 Valadares - Vigo, PO