CAMELIAS MASCOTAS

Como ir de verbena en verbena este verán

Se hai unha cousa que destacar nos veráns en Galicia son as súas festas populares, que se contan por centos e centos. Vigo e a súa contorna non vai ser menos, sumando varias decenas deles nos meses de xullo, agosto e setembro. Deixámosvos cunha pequena guía para ir de festa en festa sen saír da zona.

Infografía coas principais verbenas do verán | Pablo V.

O verán é tempo de descanso, praia, viaxar, festivais e verbenas. En cada unha destas opcións vas ter bastante onde elexir, especialmente na última, onde as festas populares cóntanse por ducias. Nestes momentos temos varias pola zona como poden ser as Festas do Carme no Vao, Moaña e Baiona ou Santa Marina en Cabral ou Aldán.

Un dos pratos fortes será esta fin de semana coas festas de Bouzas, onde o domingo 21 terán lugar os famosos fogos artificiais, un dos eventos máis esperados do ano. Mentres, en Pontellas, Porriño, estarán a celebrar o San Campio con multitude de orquestras. Tras a finde, en Lavadores celebrarán as de Santa Cristina, en Candean as de San Cristobal e Santa Ana, o mesmo en Beade con está última, tamén en Bembrive gozarán coas súas festas particulares e en Praia América tamén haberá festa da boa durante toda a finde.

As de Matamá tamén veñen fortes, co triple concerto de Obús, Miguel Costas e Motores o venres 2 de agosto, para contraprogramar o tamén triple concerto de Castrelos con Vetusta Morla, Xoel López e Furious Monkey House. Mentres, nas festas da Guía gozarán con pasarrúas, fogos artificiais, carrilanas e orquestras. A troula continuará ben preto nas festas de San Salvador de Teis, e un pouco máis lonxe coas de San Mamede en Zamáns e San Lorenzo en Coruxo.

A mediados de agosto chega a romaría de San Roque, a maior celebración urbana deste tipo da cidade, que ten lugar no pazo homónimo e nos seus aledaños. Non faltará a música tradicional, os fogos e a boa gastronomía. San Campio en Valadares e a Virxe dos Aflixidos en Zamáns pechan a ruta verbeneira de agosto, ás que se lle suman as de San Miguel de Oia e San Cosme (Zamáns) en setembro para poñer punto final a un verán repleto de diversión e festa.

REVISTA NOVEMBRO

Ademais das verbenas, tamén atopamos unhas cantas romarías como poden ser a do polbo e a do Alba en Valadares, a do pan de millo en Cabral, a do Vixiador en Candeán, a da Virxe dos Linares en Canido, a da Virxe dos Dolores en Cabral, a do marsico no Berbés, a do xurelo en Cabral ou a do Monte en Beade. A medida que vaiamos coñecendo máis información sobre estas celebracións iremos actualizando os nosos eventos.

Podes consultar a programacións da diferentes festas na nosa axenda de verbenas:

[add_eventon_el event_type_2=”18728″ number_of_months=”3″ sep_month=”yes” ux_val=”4″ hide_empty_months=”no” tiles=”yes” tile_bg=”1″ tile_style=”1″ tile_count=”3″ ]