VIALIA
REVISTA NOVEMBRO

Colores Creativa

Este campamento de verán para rapazada de entre 8 e 14 anos, situado no Taller Arterial (Rúa de Pi y Margall 86), está orientado ás actividades artísticas e creativas. Así, do 1 de xullo ao 14 de agosto os nenos e nenas que acudan realizarán actividades de reciclaxe, pintura, upcycling, textil, tie-dye, lectura creativa e moito máis.

O horario é de 9:00 a 14:00, cun custo de 100 euros semanais. Existen descontos do 10 % por irmáns e por mes completo. En principio o campamento remata o 14 de agosto, pero pode ampliarse ata final de mes por petición se hai suficientes nenos e nenas.

Metade galega, metade mexicana, a artista Patricia Fornos abriu en 2022 o Taller Arterial, un obradoiro no que realiza creacións (que son moi apreciadas no mercado estadounidense) e ofrece cursos de creación de amigurumi (bonequiños de la) e bordado contemporáneo. O campamento corre a cargo de Felicetta Gualtieri, deseñadora de moda upcycling, segunda man e artesanía; e Iria Fernández, deseñadora de xoias apaixoada pola creación e os nenos.

REVISTA NOVEMBRO

Os participantes deste campamento poden desenvolver a creatividade ao tempo que toman conciencia da necesidade de reutilizar e prolongar o ciclo de vida dos obxectos a través de  diferentes obradoiros: lectura creativa, pintura, reciclaxe, tie-dye e upcycling.

Datas: xullo e agosto
Idade: de 8 a 14 anos
Prezo:
100,00 € semanais (10 % de desconto por mes completo ou por irmán)

Taller Arterial | Rúa de Pi y Margall 86, baixo 1 | 650880685 ou 664225334