CAMELIAS MASCOTAS

Calendario das festas parroquiais de Vigo

Se hai unha cousa que destacar nos veráns en Galicia son as súas festas populares, que se contan por centos por todo o territorio. Vigo e a súa contorna non vai ser menos, sumando varias decenas deles nos meses de xullo, agosto e setembro. Deixámosvos cunha pequena guía para ir de festa en festa sen saír da zona.

O verán é tempo de festivais e verbenas. Nestes momentos, coincidindo co festivo do día de Galicia o 25 de xullo, temos varias pola zona como poden ser as do Santiago Apóstolo en Bembrive, as de Santa Cristina en Lavadores, as de Santa Ana en Candeán e as de Sanata Ana en Beade.

Este é o calendario de festas parroquiais, romarías e verbenas en Vigo no que queda de verán:

  • 30 de xuño a 5 de xullo: Virxe da Consolación (Coia)
  • 7 a 9 de xullo: San Cristovo(Candeán)
  • 7 a 9 de xullo: Santa Eulalia e Santo Antón (Alcabre)
  • 14 a 16 de xullo: Virxe do Carme (Coruxo)
  • 14 a 18 de xullo: Santa Mariña (Cabral)
  • 14 a 19 de xullo: Santísimo Cristo dos Aflixidos (Bouzas)
  • 10 a 16 de agosto: San Roque (San Roque)
  • 1 a 6 de agosto: Nosa Señora das Neves (Matamá)
  • 6 a 11 de agosto: San Salvador (Teis)
  • 9 a 12 de agosto: San Lourenzo (Coruxo)
  • 15 de agosto: Nosa Señora da Alba (Valadares)
  • 24 de agosto: San Bartolomeu (Valadares)
  • 25 a 28 de agosto: San Campio (Valadares)
  • 27 de agosto: Romaría do Pan de Millo (Cabral)
  • 1 a 4 de setembro: Virxe dos Aflixidos (Zamáns)
  • 8 a 10 de setembro: Virxe do Rosario (Comesaña)
  • 9 a 12 de setembro: Virxe dos Liñares (Canido)
  • 28 e 29 de setembro: San Miguel Arcanxo (Oia)