Alice Wonder ofrecerá un concerto Acustiquísimo en Vigo
Este mes de novembro, o ciclo de concertos Acustiquísimos celebra o seu quinto aniversario e regresa ao seu formato orixinal en catro grandes cidades galegas: A Coruña, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo. Na nosa cidade poderemos desfrutar do directo de Alice Wonder, o 19 de novembro, no hall do Teatro Afundación, acompañada do ilustrador Martín Romero.
A nova tempada de directos de Acustiquísimos, promete experiencias sonoras únicas e próximas, da man de algunhas das voces máis destacadas da escena indie española durante dúas fins de semana de novembro, La Bien Querida, Arco Depedro e Alice Wonder actuarán cada un nunha cidade galega.
En Vigo será o 19 de novembro cando Alice Wonder ofreza un recital acústico no hall do Teatro Afundación, un espazo propicio para crear a atmosfera íntima e memorable que caracteriza ao ciclo. Alice wonder é unha cantante madrileña de estilo indie e alternativo que acadou fama publicando as súas primeiras cancións a través de Instagram.
Nos catro concertos a música estará acompñada pola ilustración en tempo real dun artista galego. Nesta ocasión, será o coruñés Martín Romero, autor de Las fabulosas crónicas del ratón taciturno, Episodios Lunares o La deuda.As entradas para os catro directos de Momentos Alhambra Acustiquísimos 2022 estarán á venda para partir do próximo martes, 6 de setembro. A venda activarase a partir das 12:00h na plataforma dixital de Ataquilla.