CAMELIAS MASCOTAS

Actividades, feiras e máis polo Día do Libro

Bibliotecas, librarías e espazos culturais celebran esta fin de semana o Día do Libro, cuxa data oficial é o 23 de abril. Ademais de actividades de dinamización, Librouro ofrece o sábado un 10% de desconto e o comercio de Teis engalánase con referencias á literatura universal.

O 23 de abril é o Día do Libro, fixado pola UNESCO en 1995 en conmemoración ao falecemento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Este ano cae en domingo, polo que teremos una finde chea de obradoiros, presentacións e feiras para compartir o mundo dos libros. Esta fin de semana non perdas ningunha actividade; desde contacontos para os máis pequenos ata feiras para os adultos. Todos os detalles das actividades na nosa axenda.

Para os pequenos lectores:

A hora dos contos – Biblioteca Xosé Neira Vilas – Venres 21, ás 18 h
A compañía Xarome Tulú interpreta Roupa tendida, un espectáculo infantil que combina narración oral con manipulación de obxectos. Nesta proposta tentan achegar entre si dous mundos: a literatura de tradición oral e a literatura contemporánea.

Ao abrigo dos contos – Biblioteca Juan Compañel – Sábado 22, ás 12 h
Un dinosauro triste porque ninguén lle fai caso, un rei que ten un secreto moi orixinal e unha familia cunha brazo de cada cor serán algúns dos protagonistas dos relatos narrados.

Contacontos con Zeltia e Rebeca – Libros para soñar – Sábado 22, ás 18 h
Contos, cantos e música para os máis pequenos. Neste caso con dobre festexo do Día do libro e do seu 22 aniversario.

Perros e letras – Centro Comercial Travesía (Local Travesía Nenos) – Sábado 22 en dúas quendas: ás 11h e ás 13h
Actividade gratuíta destinada a nenos entre 6 e 11 anos que busca mellorar as habilidades de lectura mediante a intervención de cans especialmente adestrados para ler con eles. En colaboración co equipo de Perros e Letras.

Para todos:

Feira do libro – Centro Comercial Camelias – Venres a domingo
Feira de libros usados. Atopa as túas vindeiras aventuras literarias a prezos baixos ou incluso podes intercambiar os teus libros por outros.

Bookcrossing – Estacións de tren, autobuses e barco – Sábado

O Museo MARCO deixará libros en distintos puntos da cidade relacionados coas viaxes: estación de tren, de buses e peiraos do porto. Calquera pode collelos e levalos.

Feira SolidariaEspacio Nido – Domingo 23 de 11a 16 h
A recaudación irá para a Asociación Down, grazas ao mercadillo de libros, os postos de comida e bebida, e o sorteo dunha cesta moi especial.

Presetación Siempre van solos, los bichosSalón de actos do MARCOMartes 25 ás 19 h
Siempre van solos, los bichos é un libro de Lasal Books que combina imaxes e palabras para retratar El Centenillo, unha localidade de Jaén. Entrada libre ata completar aforo.

Sorpresas:

REVISTA NOVEMBRO

Na libraría Librouro fecebran o Día do Libro cun10% de desconto o sábado 22, ademais de que coa compra entrarás no sorteo dunha cesta de libros.

A Zona Teis propón unha inicativa para festexar o Día do Libro e para potenciar o comercio local. Un libro andante paséase polas rúas de Teis e vai repartindo marcapáxinas entre os veciños e asociados. Aproveita para dar unha volta polo barrio e botarlle unha ollada aos escaparates dos asociados customizados con fragmentos de grandes obras da literatura universal.

CONSULTA A AXENDA DE EVENTOS MÁIS COMPLETA DE VIGO