CAMELIAS MASCOTAS

Rememora a travesía marítima dos restos do Apóstolo

Gustaríache rememorar a travesía marítima que trouxo os restos do Apóstolo Santiago á capital galega? A Fundación Traslatio ofrece a oportunidade de facelo entre o 3 e o 12 de agosto, recalando en diferentes portos portugueses e galegos. Haberá actividades gastronómicas e de ocio nos diferentes atraques. 

REVISTA NOVEMBRO

Por noveno ano consecutivo vai levarse a cabo esta travesía, a cal pretende rememorar a feita polos restos do Apóstolo antes de chegar a Compostela, según conta a lenda. A ruta estará formada por 10 etapas entre os días 3 e 12 de agosto, sendo a primeira desde Bouzas ata Póvoa e a última unha ida e volta ata a Illa de San Simón desde Bouzas. Como é lóxico, todo este traxecto rematará na Catedral de Santiago.

É un evento non competitivo, cuxo único obxectivo é disfrutar do mar e da navegación. En cada un dos portos que se visisten haberá distintas actividades no eido cultural, gastronómico e do ocio. Ademais, como novidade este ano, non ter barco non é un problema, xa que existe a categoría Still Training, onde rapaces e rapazas de entre 16 e 25 anos poderán iniciarse no mundo da navegación.

Esta Ruta do Cabaleiro das Cunchas supón unha proposta distinta e moi interesante para os amantes da navegación. Para máis información acerca das datas, prezo e inscripcións, consultar este enlace.