O 23 de xuño celébrase a I Sprint OCR365, carreira de obstáculos e velocidade
Velocidade, forza e habilidade son as capacidades necesarias para participar na I Sprint OCR365. Que se celebrará por primeira vez en Vigo o vindeiro 23 de xuño. Unha carreira na que os corredores terán que salvar 20 obstáculos e 3,5 km de distancia.
O Círculo Mercantil acollerá o vindeiro sábado 23 de xuño a primeira edición da Sprint OCR365, unha carreira de obstáculos rápida de 3,5 km e 20 obstáculos. Trátase da primeira carreira sprint de Galicia, nela os deportistas terán que superar diferentes probas que conxugan forza, equilibro e destreza.
A inscrición é individual, pero os corredores sairán en quendas de 10 persoas, cada 10 minutos. Non hai chips pero cada participante levará unha pulsera, que terá a mesma cor para cada quenda de corredores. Os tres primeiros de cada quenda mediranse nunha carreira final. O evento terá lugar na pista de obstáculos permanente do Círculo Mercantil, que é o primeiro circuíto destas características do noroeste de España. Os participantes na proba terán que salvar 20 obstáculos que consistirán en reptar cordas e rede, unha rampla 45º, PegBoard, arrastre, barras equilibrio con pneumático, rede móbil en arboreda, voando cara ao súper muro por zona tacos, barras baixa/alta, subida monte (con/sen carga), baixada b rede móbil, as malditas garrafas, sprint cara V invertida, muro vertical en sentido contrario.
O prezo é de 10 €, os socios do mercantil teñen un desconto de 3 €, as inscriccións xa están abertas a través da web de champiochipnorte no seguinte enlace.