CAMELIAS MASCOTAS

Cereixas e troula esta fin de semana en Beade

Estamos en tempo de cereixas e como é costume en Beade celebran a chegada deste saboroso froito. Durante toda a fin de semana hai programadas distintas actividades entorno a cereixa e tampouco faltará a troula.

En Beade xa teñen as cereixas recen apañadas das cerdeiras agardando por todos nós. As cereixas e unha intensa programación de actividades para venerar ao froito. Os actos arrancan na tarde do venres cunha festa de escuma, sesión de karaoke e inchables para os pequenos da casa. A partir das oito e media da tarde comezan as actuacións musicais a cargo de Val do Fragoso, O Son da Troula, Andarela e Setecuncas. Para rematar a xornada festiva haberá un serán popular no que tódolos amantes da música tradicional están convidados a participar a partir das 22:30 horas.
A xornada do sábado comeza cunha actividade para os afeccionados ao motor, que poderán gozar dunha exposición de coches clásicos que farán un pequeno percorrido pola parroquia. Pola mañá tamén se desenvolverán os torneos de xadrez e playstation e a sesión vermú será animada pola Banda Escola de Música de Beade. Pola tarde, diferentes agrupacións de danza se darán cita no Festival de Baile Moderno que dará comezo ás 19:00 horas. O humorista Juan Txonino porá o punto cómico á xornada co seu monólogo, que terá lugar no Centro Cultura ás 21:30 horas. A continuación o Grupo Souvenir interpretará temas de pop-rock español para que todos os asistentes movan o esqueleto.
O domingo é o día grande da festa. Dende ás 11 da mañá haberá actuacións musicais para animar o ambiente e ás 12 do mediodía comezarán os actos centrais do evento. O pregón correrá a cargo de Uxía Blanco e neste acto coñeceranse os gañadores dos diferentes galardóns: as cereixas de maior calidade, o premio de presentación das cereixas e os premios aos produtos elaborados con cereixa. Tamén se fará entrega das cereixas de ouro, que como cada ano homenaxearán a xente que traballa a prol da parroquia. Pola tarde terá lugar o peculiar concurso de lanzamento de carabuñas de cereixa e volverá a música tradicional coa actuación das agrupacións folclóricas da parroquia. Para pechar o evento, a troula correrá a cargo dos grupos Os Escaravellos, Lembranzas e o os Carunchos.

(GMT+01:00) Centro Cultural de Beade


(GMT+01:00) Centro Cultural de Beade


(GMT+01:00) Centro Cultural de Beade