Calendario de carreiras en Vigo e arredores para o 2025
Vigo e os seus arredores convértense en pista de atletismo para todos os gustos e niveis. Desde esixentes probas de montaña a carreiras para toda a familia, pasando por dúas medias maratóns. Estas son algunhas das probas das que xa coñecemos a data de celebración en 2025.
Circuíto Run Run
O circuíto municipal de carreiras contará un ano máis con 12 probas que, no ano 2024, celebráronse nas seguintes datas: Subida ao Castro (28 de xaneiro), Calvario 5+5 (3 de marzo), 10K de Teis (17 de marzo), VigBay (14 de abril), Praia de Samil (19 de maio), Carreira da cereixa (16 de maio), Correndo por Vigo (8 de xuño), San Xoán (23 de xuño), Vigo contra el cáncer (20 de outubro), La 21 (17 de novembro), Vigo +11 (3 de novembro) e Érguete e corre (1 de decembro).
Polo momento catro teñen confirmada a súa data e tres teñen aberto o prazo de inscrición:
Subida ao Castro – 26 de xaneiro ás 10:30 h – Proba con once categorías por idades e un percorrido de 3 km subindo o monte do Castro e superando os seus 643 chanzos que quere demostrar que as costas de Vigo son moitas, “pero non imposibles”. Inscrición aquí.
Calvario 5+5 – 16 de febreiro ás 11:15 h – Carreira urbana que ofrece a posibilidade de realizar 5 ou 10 kilómetros polo barrio do Calvario. Con saída na Rúa Jenaro de la Fuente. Inscrición aquí.
VigBay – 6 de abril – Unha das carreiras máis coñecidas da cidade transcorre entre Vigo, Nigrán e Baiona, xa que ten saída en Samil e meta en Baiona. A inscrición está aberta na web da carreira, con desconto no dorsal ata o 31 de xaneiro.
La 21 – 16 de novembro ás 10:00 h – A media maratón de Vigo ten saída na praia do Vao e percorre a costa viguesa ata chegar a Montero Ríos. Aínda non está dispoñible o regulamento e inscrición do 2025.
Invasión Celeste
A proba deportiva organizada desde a Fundación Celta celébrase o 16 de febreiro e conta con probas desde 50 metros (para nenos desde 3 anos) ata 10 km. As probas infantís realízanse dentro do estadios de Balaídos, mentre que as de 5 e 10 km saen na Sede na rúa Príncipe. A inscrición está aberta ata o 11 de febreiro nesta ligazón.
Trail do Aloia
O 9 de febreiro terá lugar o Trail do Aloia, no Concello de Tui, que tamén celebra actividades infantís na xornada anterior. O terreo pedregoso e o desnivel acumulado de máis dun quilómetro fan desta proba un reto só para persoas con preparación física previa. A inscrición pode realizarse ata o 7 de febreiro na web da carreira.
Trail muíños do Folón
Carreira de montaña no Rosal que se celebra o 23 de febreiro. Conta con dúas categorías, Advance, de 21 km e Adventure, de 12 km.
O Porriño 10k
A carreira do veciño concello ten xa data confirmada para o 2025, o 23 de marzo, e espérase que abra a inscrición proximamente. Trátase dun circuíto urbano e rápido de 5 ou 10 km.
Trail dos cinco miradoiros de Nigrán
Terceira edición da proba no Concello de Nigrán, con saída desde Chandebrito, que destaca polas espectaculares vistas ao longo do seu percorido xa que pasa polos miradoiros O Pericoto do Vilar, Sanomedio, Estripeiro, Outeiro das Señoras e Montecastelo. Ten data prevista para o 27 de abril.
Cross Cabo Udra
Proba senlleira do Concello con Bueu que discorre por pistas forestais e ten como obxectivo desfrutar da contorna natural e favorecer o encontro entre diferentes xeracións para o que conta con modalidades de 4 ou 10 km. Realízase o día 21 de xuño pola tarde.