Talleres de canto, baile e autoestima na programación feminista de Vigo
A Casa das Mulleres e o Centro de Documentación e Recursos Feministas ofrecen cada semestre unha ampla proposta cultural e didáctica arredor da igualdade de xénero.
O servizo de Igualdade do Concello presenta o seu programa de actividades feministas para o período de xaneiro a xuño. Na programación atopamos presentacións de libros, seis cafés literarios, un ciclo de faladoiros sobre Galegas na pantalla, un obradoiro de creación literaria e outro de comunicación desde o feminismo. Para este primeiro trimestre do 2025, únese unha proposta de talleres na Casa das Mulleres onde as participantes poden aprender canto e baile ou asistir a obradoiros de autoestima e autocoidado.
As seguintes actividades son de balde e realízanse no Centro de Documentación e de Recursos Feministas, situado na Biblioteca Juan Compañel. É preciso inscribirse previamente nos obradoiros e cafés literarios, as demais actividades son de acceso libre.
CICLO DE FALADOIROS GALEGAS NA PANTALLA – Visionado e faladoiro posterior a cargo de Luísa Abad
Martes, 28 de xaneiro, 18:00 h – Juana de Vega, Vizcondesa do Arado, Dir. Zaza Ceballos. Filme biográfico, 2016 (101’)
Xoves, 13 de febreiro, 18:00 h – Contou Rosalía, Dir. Zaza Ceballos. Filme biográfico, 2017 (117’)
Xoves, 20 de marzo, 18:00 h – A virxe roxa Dir. Marcos Nine. Documental biográfico, 2020 (93’)
Xoves, 10 de abril, 18:00 h – Sofía Casanova, a obreira do pensamento Dir. Zaza Ceballos, Noelia Muíño. Filme biográfico, 2020 (92’)
Martes, 13 de maio, 18:00 h – María Luz Morales: a gran señora da prensa Dir. Óscar Losada. Documental biográfico, 2010 (25’)
Martes, 17 de xuño, 18:00 h – Elas, produtoras executivas AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes), 2022 (26’)
CAFÉS LITERARIOS
29 xaneiro ás 18:00 h – Celia Miralles comenta La edad de la inocencia, de Edith Wharton
26 febreiro ás 18:00 h – Clara do Roxo comenta A culpa, de María Solar
26 marzo ás 18:00 h – Victoria Quivén comenta Una librería en Berlín, de Françoise Frenkel
30 abril ás 18:00 h – Sonia Mirón comenta El verano en que mi madre tuvo los ojos
verdes, de Tatiana Tibuleac
21 maio ás 18:00 h – Luísa Ocampo comenta Oito días sen Eva Cortés, de Sara Vila Alonso
25 xuño ás 18:00 h – María Lado comenta El Consentimiento, de Vanessa Springora
PRESENTACIÓNS DE LIBROS
Xoves, 23 de xaneiro, ás 19:00 h – O legado da nena do sal (Xerais, 2024), de Elena Gallego Abad.
Martes, 11 de febreiro, ás 19:00 h – Hijas del miedo y otros relatos de violencia de género (Península, 2024) da Asociación Mujeres Juezas de España.
Mércores, 12 de marzo, ás 19:00 h – Francisca Herrera y Garrido. Obra en galego (Trea, 2024)
de Camiño Noia.
Martes, 1 de abril, ás 19:00 h – Informe sobre mujeres jóvenes y trastornos de la conducta alimentaria: impacto de los roles y estereotipos de género (Instituto de las Mujeres, 2024), de María Calado Otero.
Martes, 20 de maio, ás 19:00 h – Xogar coa pólvora: a educación das mulleres e as mulleres como educadoras (Galaxia, 2024), de Narciso de Gabriel.
Martes, 3 de xuño, ás 19:00 h – Historia do fútbol feminino en Galicia: de Irene González a Vero Boquete (Galaxia, 2023) , de Héctor Pena.
OBRADOIRO DE COMUNICACIÓN DESDE O FEMINISMO – Impartido por Llerena Perozo Porteiro.
Xoves: 20, 27 febreiro; 6 e13 marzo
18:00 a 20:00 h
OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA – Impartido por Graciela Baquero
Xoves: 24 abril; 8, 15, 22 maio; 5, 12, 19, 26 xuño
18:30 a 20:00 h
De xeito paralelo, a Casa das Mulleres, situada na Rúa Romil número 20, será o escenario de talleres de canto, teatro, de iniciación ao feminismo, de autoestima e autocoidado, así como de formación en monitoriado de animación sociocultural e de lecer. Tamén despregará aulas dixitais para mellorar as habilidades no uso das novas tecnoloxías. Podes consultar aquí o programa detallado destas actividades.