CAMELIAS MASCOTAS

Arxentina celebra o día da súa patria bailando

Arxentina terá o seu propio espazo en Vigo o vindeiro sábado coa celebración do II Festival Arxentino en Vigo. O evento naceu o ano pasado para conmemorar o día da patria arxentina que se celebra o 25 de maio. Nesta edición participarán 40 artistas españois, arxentinos e uruguaios.

O auditorio de Teis acollerá o II Festival de Arxentina en Vigo o vindeiro sábado día 19 a partir das sete da tarde. No evento, que será gratuíto ata completar aforo, se darán cita artistas de renome internacional e non faltarán os tangos e a música tradicional do país gaucho.
Vigo rende a súa homenaxe a Arxentina para celebrar o seu día da patria, que se conmemora o 25 de de maio. Con esa escusa, o sábado Teis celebra un espectáculo no que participarán 40 artistas españois, arxentinos e uruguaios. O II Festival Arxentino en Vigo trae á cidade artistas de renome internacional, como é o caso de Guillermo Fernández, autor de ampla e recoñecida traxectoria en Arxentina durante décadas. A cita chega á súa segunda edición con vocación de superar a participación do seu primeiro ano para consolidarse na cidade e convertela en “referente” da unión dos pobos galego e arxentino.