Harlem Globetrotters, os Maios, aniversario da Rebullón e máis plans esta fin de semana en Vigo
Outra fin de semana máis Vigo ofrécenos multitude de plans do máis variados: celebracións populares, andainas polo monte, teatro, concertos, festivais, espectáculos deportivos… Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.
FESTA DA BRINCADEIRA – De venres a domingo en Bouzas – De balde
Despois da Reconquista chega a Brincaideira. Na programación desta festa que arranca o venres 10 de maio destacan dous actos: a representación da expulsión dos franceses en 1809, que se celebra o sábado ás 18:30 horas e o II concurso de traxes de época, que ten como obxectivo incentivar a vestimenta histórica, que terá lugar o domingo ás 13:00 horas.
ANIVERSARIO SALA REBULLÓN – Venres e sábado na Sala Rebullón – Desde 10,00€
A Sala Rebullón fai sete anos no Centro Cultural As Pedriñas e celébrao cunha dobre sesión de concertos na zona exterior da sala durante dous días. O cartel está dominado por bandas galegas, entre as que destaca Hey Hematoma, grupo formado por catro exmembros de Siniestro Total e que interpreta temas da banda viguesa da Movida. O sábado tamén haberá un xantar popular de porco ao espeto e a proxección do documental O último combate, de Sondarúa.
‘MOSCA’ – Sábado e domingo ás 20:00 na Sala Ártika – Desde 10,00€
Mosca é un xogo de nenos, algo que pode converterse nun pesadelo. A obra narra a historia de Pedro, un neno de dez anos que sofre acoso escolar. Pedro vese reflectido nos ollos da súa nai, o seu pai e a súa profesora en calquera instante da peza. Anguriante e intensa, Mosca, somérxese na vida dun neno e que é o que este sinde sufrindo bullying, pero tamén no temor, nos prexuizos e o non saber que facer e como pode solucionalo o entorno no que Pedro se move.
BROKEN PEACH – Sábado ás 20:30 no Teatro Salesianos – Desde 10,00€
A banda viguesa, que acumula 280.000 seguidores en Youtube grazas principalmente ás súas versións e mashups de coñecidos tem,as presenta en directo o seu primeiro disco Welcome to Brokenland, formando por temas propios cantados en inglés e castelán.
TERRACEO: THE RAPANTS – Sábado ás 21:00 no Mar de Vigo – Desde 20,00€
A banda muradá The Rapants será a encargada de abrir unha nova tempada do festival TerraCeo, que se celebra na terraza do Auditorio do Mar de Vigo. Agás este sábado, que por motivos loxísticos o concerto vai ter lugar no interior do auditorio. The Rapants é unha das revelacións da música galega actual grazas ao seu estilo desenfadado e divertido.
CONCERTO C MARÍ – Sábado ás 21:30 na Sala Doppler – Desde 11,00€
C Marí é un artista valenciano de 21 anos que crea reggaeton, pero tamén é capaz de saír do molde sen problemas e achegarse a un son máis melódico e cantado.
ANDAINA POLOS MONTES – Domingo ás 9:00 no Parque Forestal de Saiáns – De balde
Nesta nova edición da Andaina polos Montes de Vigo, na que se espera que participen un millar de vigueses e viguesas, propóñense tres distancias, sendo a máis longa de 19,8 km, a media de 8,4 km e a curta de 5,2 km. Paralelamente desenvolveranse actividades dirixidas ao público infantil. O obxectivo que se persigue con este evento é dar a coñecer os recursos dispoñibles nos montes periurbanos de Vigo: parques forestais e sendeiros locais, onde nos podemos achegar ao patrimonio natural, así como algúns dos miradoiros e espazos etnoarqueolóxicos máis destacados da cidade. Haberá ocasión de achegarse a algúns lugares singulares e contemplar unhas panorámicas únicas da cidade de Vigo.
FESTA DOS MAIOS – Domingo de 11:30 a 18:00 na Praza do Berbés – De balde
Este acto, presente en moitas culturas europeas, festexa a transición do inverno á primavera e a exaltación da natureza e ten a súa orixe nas culturas prerromanas. O acto central representa unha disputa entre as dúas estacións na que o inverno resístese a marchar, a primavera acaba gañando e é, entón, cando entra en escena o cuco, cuxo canto anuncia a chegada do tempo cálido. A continuación, aparece o Maio, unha enorme construción floral armada polos propios veciños. Haberá difernetes obradoiros e actuacións musicais.
PICNIC SESIÓNS – Domingo de 12:00 a 20:00 en Radio Costeira, Saiáns – De balde
Este ano o festival Picnic Sesións de Saiáns, organizado pola Asociación Lideiras, cambia de formato e se desenvolverá en tres eventos nos meses de primavera: 20 e 21 de abril e 12 de maio; pero sen perder a esencia e sendo fieis ao seu lema: “Natureza, cultura e comunidade”. Desde o inicio, este festival apostou pola música local, algo que non vai cambiar nesta nova edición. Este domingo 12 de maio poderemos gozar da música en directo de Blues do País, Su Garrido Pombo, Family Folks e The Manueles.
HARLEM GLOBETROTTERS – Domingo ás 19:00 no Pavillón das Travesas – Desde 20,00€
No Harlem Globetrotters World Tour 2024, os afeccionados ao baloncesto gozarán da maxia e o espectáculo dos xogadores do lendario equipo norteamericano. Para esta edición, os Harlem Globetrotters decidiron dar unha volta máis a un show que se encamiña xa cara ao seu centenario nas canchas de todo o mundo, que se celebrará en 2026. Ademais de presentar unha imaxe completamente renovada, os asistentes tamén serán parte do espectáculo antes, durante e despois do mesmo grazas ao Globetrotter Experience e ao Magic Pass, cos que terán a oportunidade de coñecer aos xogadores en persoa e vivir un momento único.