CAMELIAS MASCOTAS

Oito actividades para celebrar o 8M en Vigo

A loita feminista sempre atopa na cultura unha canle a través da que facer chegar a mensaxe e avanzar de cara a unha sociedade igualitaria. Facemos un recoplitario de actividades culturais que se celebran estos días en Vigo para conmemorar o 8M, o Día da Muller.

CUATRO VENTANAS – TODAS ARTISTAS – Xoves ás 18:00 h no Tinta Negra- De balde

O bar de Irmandiños pon a disposición de todas os seus cristais para que os decoramos como prefiramos, tirando só de imaxinación. Non hai censura, pero si pídese respeto e asegúrase o bo ambiente. O Tinta Negra pon os materiais e nós a creatividade.

RECITAL POÉTICO CON SU GARRIDO POMBO – Xoves ás 19:00 h na Casa Galega da Cultura- De balde

Dentro do programa de actividades organizado polo Concello de Vigo en colaboración co Consello da Muller para o mes de marzo enmárcase este recital de poesía de xénero aberto a participación de todo o público e guiado pola cantautora viguesa Su Garrido Pombo.

VERMÚ E XANTAR COMUNITARIO – Venres a partir das 12:30 h na Morada- De balde

Na Morada defenden o feminismo os 365 días do ano e por iso o 8 de marzo é un día moi especial neste espazo comunitario. Convídannos a pasar o día con elas tomando un vermú, participando no micro aberto e facendo cartaces para logo ir todas xuntas á manifestación que sae da praza dos Cabalos ás 20:00 h.

‘TODAS CONTAMOS’ – Venres ás 18:00 h en Libros para Soñar- De balde

Na libraría do Casco Vello propoñen unha sesión de contacontos para educar en igualdade. ‘Todas contamos’ de Kristin Roskifte é un libro que convida a preguntarnos cousas, imaxinar outras vidas, empatizar con outras formas de habitar o mundo.

A iniciativa Compaña feminista en Vigo, está impulsada por un grupo de mulleres anónimas que levan varios meses realizando accións de rúa para loitar contra o terrorismo machista. Convídannos a sumarse a súa acción e ir a manifestación do 8M vestidas cunha túnica branca, e con máscaras da mesma cor, portando nomes e candeas e algúns dos nomes das mulleres asasinadas. Exisen entre outras reivindicacións, que se priorice a loita contra a violencía machista na axenda do goberno e que non haxa vítimas de segunda. Todas aquelas mulleres interesadas en sumarse a esta acción poden unirse nesta ligazón.

MANIFESTACIÓN 8M – Venres ás 20:00 – De balde

Feminismo Unitario de Vigo convoca a manifestación do 8M en Vigo baixo o lema “O feminismo defende dereitos, o machismo violencias e privilexios”. A marcha sairá ás 20:00 da praza dos Cabalos e rematará na Porta do Sol onde se lerá o manifestao e actuarán Lara e Tamara de Sun Lou.

MULLERES PINCHANDO – Venres ás 23:00 h na sala Master – 7,00 € (con consumición)

REVISTA NOVEMBRO

‘Mulleres pinchando, mulleres bailando’ é a proposta festiva para rematar o 8M na pista de baile. A música correrá a cargo das DJ Lakenobaila, Cami e Maca que queren que vaiamos coas amigas e as amigas das nosas amigas para que non quede ningunha sen bailar!

ELAS AS DE BOUZAS – Sábado ás 18:00 h Liceo Marítimo de Bouzas – De balde

A Cultural de Bouzas quere poñer en valor as mulleres do barrio. “Contar con elas e contalas” é o lema desta iniciativa que vai pola súa segunda edición e que contará coa actuación da cantautora Su Garrido Pombo; o evento é o punto de partida dunha exposición dedicada a estas mulleres que poderemos visitar na pérgola deste barrio mariñeiro.