Circo, humor, música e teatro no programama de outono de Afundación
O espectáculo Circlássica, a banda Los Secretos, os cómicos Ignatius Farray e Goyo Giménez, o ballet de Kiev e o espectáculo infantil La Granja de Zenón son algunhas das propostas de Afundación para este outono. O programa comeza o 17 de setembro e exténdese ata finais de ano e as entradas están á venda en Ataquilla.com.
O programa no teatro Afundación comeza o 17 de setembro co musical Me cuesta tanto olvidarte, que recrea un concerto de Mecano grazas ao parecidio físico e vocal de Belén Alarcón con Ana Torroja e a calidade d abanda que a acompaña. A seguinte fin de semana, tanto o 23 como o 24, o humorista Goyo Jiménez volve ao teatro de Policarpo Sanz co monólogo Aiguantulivinamérica, sobre un dos temas que o fixeron famoso, o modo de vida dos estadounidenses. O mes acabará co concerto, o día 25, enmarcado no Festival Underfest, aínda por confirmar, pero para o que xa están á venda os abonos.
En outubro, o día 1, será a quenda da ópera Wagner. Mujeres y diosas, interpretado pola soprano Marta Ortega, unha das maiores expertas españolas no compositor romántico alemán, que estará acompñada polo pianista Carlos E. Pérez. Entre o 3 e o 10 de setembro, e con varios pases diarios, volve a Afundación Circlássica.El sueño de Miliki, un espectáculo dirixido por Emilio Aragón que combina acrobacias, teatro e música en directo sobre un pequeno que soña con ser paiaso. As entradas están agora mesmo rebaixadas por compra antecipada.
O día 15 de setembro tomará o escenario o irreverente show de Ignatius Farray, La comedia salvó mi vida. O día 15, e dentro do ciclo organizado por Amigos de la Ópera de Vigo chega Huellas, un compendio de cancións arxentinas e latinoamericanas interpretadas polo tenor Aquiles Machado e o pianista Kennedy Moretti. O 18 de setembro o Ballet de Kiev propón volver desfrutar do clásico El lago de los cisnes; e o día 22 haberá un concerto para fagot e orquestra da Orquesta Clásica de Vigo titulado Mozart esencial . O día 30, Amigos de la Ópera organizan a representación en concerto semiescenificado de Falstaff, unha comedia lírica do compositor Italiano Giuseppe Verdi. A representación servirá ademais para representación servirá para celebrar os 35 anos de carreira do barítono vigués Luis Cansino. Por último, o 29, o monólogo de Juan Amoedo, Avangelio.
En novembro, os días 4 e 5, volveremos desfrutar da maxia de Jorge Blass, un espectáculo para toda a familia con
efectos imposibles e visualmente espectaculares, con aparicións, desaparicións, levitacións imposibles e maxia interactiva na que o público é o protagonista. Do 11 ao 13 chega a comedia en Recortes, caneos e outros xeitos de driblar, un percorrido lúdico, crítico e musical polo mundo do fútbol con Xosé Touriñán no elenco, Tito Asorey a dirección e guión baseado nas investigacións do xornalista Nacho Carretero, autor de Fariña .
Novembro rematará cunha proposta musical dos acústicos da Alhambra o día 19, e o novo monólogo Espíritu, de Santi Rodríguez, o 26.
O último mes do ano comezará con dúas actuacións de humor: La hora de Pablo Ibarburu, o 2, e o de Oswaldo Digón, o 9. A continuación, o día 10, o Ballet Nacional Ruso de Sergei Redchenko interpretará El cascanueces, ao que seguirán un concerto de Los Secretos, o 15; dúas óperas da Coral Casablanca, o 16 e o 17; a peza de teatro infantil La granja de Zenón, o 28; un recital da Orquesta Clásica de Vigo, o 29 e, por último, o monólogo Esfínter, de David amor, o 30.