O Vigo Seafest ofrece rutas gratuítas para coñecer o mundo do mar
Unha visita á lonxa ás 6 da madrugada, viaxes en catamarán ou talleres de marisqueo son algunhas das actividades gratuítas que ofrece o Vigo Seafest a partir deste xoves.
O Vigo Seafest está a piques de soltar amarras despois de dous anos en dique seco. Ao igual que nas edicións anteriores o festival pretende achegar á cidadanía o mundo do mar e a industria pesqueira. Para iso, ademais de gastronomía, deporte e música ofrece unha serie de rutas e actividades organizadas por Vigo Pesqueiro de Fundamar. Estas actividades son totalmente gratuítas, pero para participar é necesario inscribirse no correo electrónico info@vigopesqueiro.com.
RUTAS GUIADAS E TALLERES
PERCORRE VIGO PESQUEIRO: PORTO DE VIGO, VIVEIRO E FESTIVAL
Descobre o porto de Vigo durante o Vigo SeaFest.
Percorre o porto de Vigo e coñece os segredos que oculta. Visita un viveiro e goza dunha experiencia única. E termina o percorrido con visita guiada polo festival. O domingo o viveiro substituirase por unha visita á orixe do porto.
Saídas: Todos os días (8, 9 e 10) ás 10:30h
DESCOBRE A LONXA DO PORTO DE VIGO
Descobre a lonxa do porto de Vigo durante o Vigo SeaFest.
Merecerá a pena o madrugón para vivir unha experiencia única e inesquecible.
Saídas: Venres 8 ás 6:00h
PERCORRE VSF
Coñece todo o que se coce no Vigo Seafest.
Un percorrido polo festival onde poderás coñecer a orixe do mesmo, visitarás as casetas participantes e poderás preguntar calquera curiosidade que teñas sobre VSF.
Saídas:
Venres 8 ás 12:30h e 17:00h
Sábado 9 ás 12:30h e 18:30h
Domingo 10 ás 12:30h e 16:00h
DESCOBRE BUQUE
Descobre como é un barco por dentro durante o Vigo SeaFest.
Visita guiada a un barco relacionado co sector pesqueiro no VSF.
Saídas:
Venres 8 ás 12:00h e 17:00h
Sábado 9 ás 12:00h e 17:00h
Domingo 10 ás 12:00h
NAVEGA PATRIMONIO INDUSTRIAL PESQUEIRO
Descobre o patrimonio industrial da Ría de Vigo durante o Vigo SeaFest.
O percorrido de 1h e 30min en catamarán permitirá coñecer o pasado e presente industrial do sector pesqueiro.
Saídas:
Venres 8 ás 18:30h
Sábado 9 ás 16:30h
Domingo 10 ás 17:00h
TALLERES VIGO PESQUEIRO
Realizaranse na Carpa ARVI:
TALLERES CON REDERA «TECENDO REDES» o sábado.
TALLERES DE MARISQUEO o domingo.
Horarios:
Sábado 9 ás 16:00h, 17:30h e 19:00h
Domingo 10 ás 17:30h e 19:00h
Podes consultar a programación completa do festival nesta ligazón.