CAMELIAS MASCOTAS

Percorrido guiado 'As familias Chao e Murguía-Castro'

21mai11:0011:13Percorrido guiado 'As familias Chao e Murguía-Castro'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde11:00 - 11:13(GMT+02:00) Praza Compostela

Detalles do eventos

Novo percorrido, guiado por Xurxo Martínez, que nos achegará a relación entre estas dúas familias e a relevancia da familia Chao na historia da cidade de Vigo. Percorrido que se realizará o sábado 21 ás 11:00.

CÓMPRE INSCRICIÓN. Esta realizarase no 010 a partir do luns 16 de maio.
PRAZAS LIMITADAS.

Para moita xente a estirpe Chao é unha gran descoñecida pero a súa relevancia para Vigo e a súa transcendencia para a cultura galega é total. A obra de Rosalía de Castro non se podería entender sen tela en conta. A publicación de “Cantares gallegos” ou “Follas novas” débese aos Chao, ao igual que as primeiras obras en castelán de Rosalía e de Manuel Murguía. A explicación desta particular relación centrará o percorrido.

Punto de saída: Estatua de Curros Enríquez na pr. de Compostela (Alameda).
Paradas: Estatua de Curros (Alameda), EMAO (García Barbón), Bufete Molins (rúa Reconquista), Federación de Veciños Eduardo Chao (Praza da Princesa), Botica Chao (Praza da Constitución), Rúa Chao, Imprenta Compañel (rúa Real) e finalizamos no miradoiro da Laxe.

Duración 1 h e 30 min.

Máis

Hora

21 maio, 2022 11:00 - 11:13(GMT+01:00)

Localización

Praza Compostela

Praza de Compostela 36201 Vigo Pontevedra

Other Events