CAMELIAS NADAL

A Reconquista 2018 trae novidades e sorpresas na representación

A falta de dous días para o 28 de marzo, Día da Reconquista, xa coñecemos todos os detalles da programación da festa que este ano, por mor da Semana Santa, tívose que aprazar ao 7 e 8 de abril.

Esta mañá o alcalde, Abel Caballero, xunto con Fiz Axeitos, representante da Asociación de Veciños do Casco Vello, mostraron o cartel desta edición e presentaron o listado de actos que encherán a nosa vila de música, tradición, animación e moita troula, a próxima fin de semana.

Este ano súmanse dúas novidades que xa comentamos por aquí hai uns días: celebrarase un torneo de futbol gaélico no Monte da Mina e un partido de rugby nunha localización que aínda está sen confirmar.

O comezo da festa terá lugar o sábado, 7 de abril, coa inauguración do mercado ás 10 da mañá. Ao que lle seguirán actividades para os máis pequechos como un serán infantil na Pedra ou xogos e bailes tradicionais no Berbés, onde tamén haberá unha desmostración de esgrima e unha charla sobre o traxe popular galego. Pola tarde, haberá contacontos, regueifeiros, un espectáculo de maxia e comezará a festa grande con actuacións no Torreiro do Casco Vello que darán paso a unha xornada de troula ata o peche do mercado, que será as 23h.

O domingo, o mercado abrirá ás 10 da mañá e acollerá máis de 20 demostracións de oficios artesáns e talleres de creación de “brínquedos” na Praza do Berbés. Polo barrio pasearán as peixeiras e as berduleiras e xa ás 12 da mañá producirase a toma do mercado por parte do Exército Francés. A xornada matinal a pechará Cé Orquesta Pantasma que actuará ás 12.30 no Berbés.
A tarde comezará cun Orfeón mariñeiro e as 18 horas levarase a cabo a representación da Reconquista de Vigo na que, segundo Fiz Axeitos, haberá algunha que outra novidade e anima a vela xa que “as persoas que fan as personaxes sempre cambian”.
Ao caer a tarde, no Torreiro do Casco Vello comezará a foliada de despedida a que lle seguirá a actuación dos Viqueiras no Torreiro de Mahou as 20.30. O peche do mercado e fin da festa será as 22:00.

O alcalde, Abel Caballero, salientou a importancia simbolóxica desta romeria e falou dela como “unha festa de trazado moderno que a converte nunha das grandes festas de Vigo”. Recordou tamén que se segue traballando para conseguir que a Festa da Reconquista sexá catalogada Festa de Interese Turístico Nacional. Pola súa banda, Fiz Axeitos, convida a “que toda a cidadanía de Vigo e a súa bisbarra poña a boina e veña a gozar desta festa”

Programación para o sábado, 7 de abril:
10:00 horas: Inauguración do mercado
10:30 horas: Xogos populares con Trasnos Ocio Infantil (todo o día)
11:00 horas: Serán infantil na Praza do Berbés (Coa colaboración de O Fiadeiro)
11:30 horas: Demostración de esgrima antiga na Praza da Berbés
12:00 horas: “Bailadoriñ@s” (xogos tradicionais cantados e bailados), por Luis Prego na Praza do Berbés
12:00 horas: Actuación da Escola de Baile Casco Vello no torreiro da Praza do Berbés
12:15 horas: Charla “O traxe popular galego” pola Asociación Etnográfica das Mariñas no Salón do Centro de Interpretación das Illas Atlánticas, rúa Oliva.
15:15 horas: Danzas do mundo no torreiro da Praza do Berbés
16:15 horas: Actuación da Escola de Baile Infantil Casco Vello no torreiro da Praza do Berbés
17:00 horas: Kepler Animación
17:00 horas: Actuación de Ata o mandil no torreiro da Porta do Sol
17:00 horas: Contacontos con Barafunda na Praza da Berbés
18:15 horas: Inauguración da festa no Torreiro do Casco Vello
18:30 horas: Actuación de Tamburainas Pandereteiras no torreiro da Praza do Berbés
18:30 horas: Actuación de Laretas no torreiro da Porta do Sol
19:00 horas: Espectáculo de maxia na Praza da Berbés
19:00 horas: Actuación de Os Escaravellos no Torreiro Mahou (rúa Chao)
19:00 horas: Pecatta Minuta de Voltaedalle Teatro
19:15 horas: Actuación do Grupo de Gaitas de San Andrés (Nautilus) no torreiro da Praza do Berbés
20:00 horas: Grupo Monteira de Danzas do Mundo no torreiro da Porta do Sol
20:30 horas: Entrega dos Trofeos dos Campionatos Internacionais de Fútbol Gaélico e Rugby
20:30 horas: Actuación de Lagharteiras no Torreiro Mahou (rúa Chao)
20:45 horas: Actuación das Pandereteiras Lideiras da Ribeira no torreiro da Praza do Berbés
21:30 horas: Actuación das pandereteiras Bouba no Torreiro Mahou (rúa Chao)
23:00 horas: Peche del mercado

VINA COSTEIRA

Programación para o domingo, 8 de abril:
10:00 horas: Inauguración do mercado
10:30 horas: Máis de 20 demostracións de oficios artesanais na Praza do Berbés
10:30 horas: Xogos populares con Trasnos Ocio Infantil (todo o día)
11:00 horas: Taller de creación de “brinquedos” na Praza do Berbés
11:30 horas: Peixeiras e berduleiras polo barrio
11:30 horas: Actuación das Pandereteiras Aguas de Maio no torreiro da Praza do Berbés
12:00 horas: Control do mercado por parte do Exército Francés
12:00 horas: Actuación da Escola de Baile Casco Vello no torreiro da Praza do Berbés
12:30 horas: Cé Orquesta Pantasma na Praza do Berbés
12:30 horas: Tropa Grileira no Torreiro Mahou (rúa Chao)
15:00 horas: Ghaiteir@s do Casco Vello no torreiro da Praza do Berbés
17:00 horas: Orfeón mariñeiro do Berbés na Porta do Sol
18:00 horas: Representación da Reconquista da Vila de Vigo na Porta do Sol
20:00 horas: Foliada de despedida no torreiro da Praza do Berbés
20:30 horas: Actuación de Viqueiras no Torreiro Mahou (rúa Chao)
22:00 horas: Peche del mercado. Fin da festa