Sete novos roteiros para coñecer a parte máis natural de Vigo
O Concello anuncia sete novos roteiros guiados dentro do programa Camiño a Camiño. Nesta ocasión percorreranse as sendas azuis e o camiño histórico entre Tui e Vigo, así como a tradicional travesía urbana entre Bembrive e Coruxo. A inscrición está aberta por vía telefónica.
O programa Camino a Camino, dependente da concellería de medio ambiente, anuncia sete novas actividades durante o período 13 de marzo ao 8 de maio. Tamén está previsto incrementar o número de participantes en cada percorrido, subindo a 150 por etapa.
Durante o mes de marzo abordaranse as sendas azuis de Vigo, que poñen en valor os recursos naturais a carón do curso baixo do río Lagares e da costa de Vigo, onde dispomos dun total de 56 areais, moitos deles catalogados con Bandeira Azul pola calidade das augas de baño e servizos asociados. Particularmente faranse tres traxectos: senda azul do Lagares-Canido (13 marzo), senda entre Cabo Estai e Bouzas (20 marzo) e senda litoral e do monte da Guía (27 de marzo).
Durante tres domingos de abril o programa percorrerá o camiño histórico que unía Tui e Vigo e que en moitos casos coincide cos camiños reais ou estradas da antigüidade. Estes camiños sempre eran coherentes coa orografía e ca paisaxe da época e permiten coñecer de preto a bisbarra de Vigo dado que se vai circular por algúns dos espazos naturais máis conservados de lugares como Couso, Vincios e Comesaña.
Para rematar cos percorridos, o 8 de maio realizarase unha travesía urbana entre Bembrive e Coruxo, pasando por Castrelos, na que se combinará o camiño do románico de Vigo cos hábitats dos afluentes do Lagares.
No blog caminoacaminovigo.blogspot.com vaise actualizzando a información de cada saída persioridacamente. O proceso de inscrición realizase a través do 010, desde teléfono fixo ou 986 81 02 60, se se chama desde móbil.