CAMELIAS MASCOTAS

Actividades para ver as Perseidas en Vigo

As lágrimas de San Lourenzo ou chuvia de estrelas son un dos acontecementos máis esperados do verán. Este ano as mellores datas para ver este evento astronómico son entre o xoves 12 e o sábado 14 de agosto. Na nosa cidade hai diferentes actividades programadas para mirar ao ceo e gozar do espectáculo.

Antes de comezar a desgranar as diferentes actividades que hai programadas en Vigo para ver a chuvia de estrelas, comecemos por explicar que son as perseidas e por que tamén se lle coñecen como bágoas de san Lourenzo. O que veremos estes días no ceo non son estrelas fugaces senón  fragmentos do cometa 109P/Swift-Tuttle que, nun determinado momento da súa órbita, entran en contacto coa atmósfera terrestre. O impacto xenera eses destellos que coñecemos co nome de lágrimas de San Lourenzo porque este evento astronómico coincide no calendario cristiano coa celebración deste santo o 10 de agosto.

Este ano as mellores datas para observar as perseidas van do xoves 12 ao sábado 14. En principio as condicións son favorables porque hai lúa nova e a previsión metereolóxica é de ceos despexados. Para gozar do espectáculo é aconsellable afastarse o máximo posible das luces da cidade, buscando puntos elevados e mirar ao ceo á parte contraria de onde está a Lúa, á zona máis escura. Se queredes acompañar a experiencia das explicacións dun guía astronómico aquí vos deixamos catro propostas.

NOITE DAS PERSEIDAS EN VIGOZOO

Todos os sábados de verán Vigozoo organiza actividades para contemplar o ceo desde a súa terraza. Este xoves día 12, hai prevista unha actividade especial cun aforo moito maior para contemplar a chuvia de estrelas. A actividade é gratuíta pero é necesario inscrición previa. Tedes más información nesta ligazón.

O CEO DE VERÁN E AS BÁGOAS DE SAN LOURENZO EN VILLA SOLITA

Esta actividade con aforo moi reducido ten por obxectivo observar o ceo desde a mansión indiana de Villa Solita en Arcade. Enmarcase dentro dun conxunto de actividades culturais que se están a desenvolver nesta edifición durante o verán. As inscricións deben facerse chamando ao 010.

EXPERIENCIA STARLIGHT CON MAR DE ONS

REVISTA NOVEMBRO

A naviera ofrece a oportunidade de ver as perseidas desde o Parque Nacional das Illas Atlánticas, cunha ruta en barco na que nos acompañará un guía experto na materia para explicar o que acontece no ceo. Estes percorridos terán lugar os días 12, 13 e 14 con saída do porto de Vigo ás 23.00 horas. Máis información e reservas.

CHUVIA DE ESTRELAS CON ALECRÍN

A empresa de actividades de aventura Alecrín ofrece diferentes actividades ao longo de toda a semana para descubrir o ceo desde o mar. O xoves 12 desde a illa de Ons, o venres 13 desde Sálvora, o sábado 14 en Kayak pola ensenada de San Simón. Podedes consultar todas as opcións na súa web. As actividades van precedidas dunha pequena introdución de observación do ceo para aprender a atopar o norte, as constelacións máis brillantes ou a Perseo.