CAMELIAS MASCOTAS

O músico uruguaio Tincho Fernán estréase en galego

Hai unha semana o músico uruguaio afincado en Vigo Tincho Fernán lanzou a canción e o videoclip do seu debut na nosa lingua, Terra dos meus avós. Unha homenaxe aos seus ancestros que ten a particularidade, entre outras moitas, de estar traducida polo escritor e músico local Pedro Feijoo.

“Creo que fixen a viaxe de volta que os meus avós non puideron facer”. Así define a súa nova peza o músico uruguaio Tincho Fernán, un habitual da nosa escena desde hai máis dunha década. “Terra dos meus avós” é unha homenaxe aos meus ancestros, unha reseña dos pobos perdidos de Galicia, dos seus encantos, da súa xente e de que moitas veces o camiño de volta para un emigrante non é o mesmo que o de ida.

No seu caso, tras tres xeracións Tincho volve, como di a canción, á terra dos seus avós, concretamente aos pobos de San Pedro do Bogo e Foxas, ambos no municipio lucense de A Pontenova. Ademais do videoclip, o músico acompaña a canción cun vídeo no que conta a historia persoal detrás do tema. O encargado de traducir a letra orixinal foi o famoso escritor e músico vigués Pedro Feijoo.

REVISTA NOVEMBRO

As persoas participantes na creación da canción e o vídeo son as seguintes:

Letra e música : Tincho Fernán
Traducción ao galego: Pedro Feijoo
Invitado na Gaita – Isidro Vidal
Voces – Nuria Gonzalez y Tincho Fernán
Batería – Suso Feixón
Baixo – Federico Welicki
Teclado – Carlos Gil
Guitarras –  Tincho Fernán y Andrés Cunha
Video – Federico Asencio   (MAMMAMUSIC)

Ademais, Tincho está detrás do proxecto Cantares por el Camino, unha canle de YouTube na que grava pequenas sesións de músicos locais como Los Marcianos, Sheila Patricia ou Mon Band. En outubro de 2019 tivo lugar a primeira edición do festival homónimo, que reuniu a numerosos artistas da zona en Villa Solita, Alcabre.