CAMELIAS MASCOTAS

Galiexpo Motor Show celebra esta fin de semana a súa XIV edición

Esta fin de semana, os días 7, 8 e 9 de febreiro, volve ao IFEVI o Galiexpo Motor Show, o único evento destas características en todo o Estado. Ao longo de tres días poderás gozar coa mostra de innumerables coches de todo tipo, probas de drift, automodelismo, scalextric e moitas máis actividades.

Imaxe da proba de drift nunha edición anterior | Galiexpo

Xa ruxen os motores no IFEVI, xa que esta fin de semana celebrarase alí o XIV Galiexpo Motor Show, o único evento do motor con feira e probas que sobrevive no Estado, despois da caída dalgúns en cidades tan importantes como Madrid, Barcelona ou Zaragoza. Este ano, coa incorporación dalgunhas novidades, agardan superar os 20.000 visitantes rexistrados na pasa edición.

REVISTA NOVEMBRO

Este evento busca atraer a xente de todas as idades e lugares de Galicia, polo que este ano ampliaron a oferta con Galiexpo All Sport, un salón paralelo dedicado ao mundo do deporte a saúde e o benestar. Diferentes empresas e firmas pertencentes a estes sectores estarán a presentar os seus produtos e servizos, así como as últimas novidades do mercado. Ademais da zona de exposición, conta con diferentes zonas temáticas para espectáculos, actividades, concursos, actuacións shows musicais, etc. Esta nova iniciativa centrarase especialmente nos deportes urbanos como podn ser o west coast training, skate ou o BMX.

Durante a fin de semana realizarase a 3ª Carreira Popular GALIEXPO ALL SPORT 5K e 10K e a 2ª Carreira GALIEXPO CANICROSS. A primeira é unha carreira moi atractiva e orixinal tanto para os participantes como para o público visitante porque parte do percorrido transcorre na zona de expositores. A segunda é unha actividade especial que non deixa indiferente a ninguén, onde os apaixonados do mundo canino e o público en xeral gozan e divírtense con esta carreira na que as mascotas e os seus donos corren xuntos demostrando a súa destreza e sincronía.

Por último, destacar a que con seguridade é a maior atracción da feira, as probas de Drift, este ano patrocinadas polo Grupo Salco. A maiores dos adestramentos, poderemos ver as probar oficiais por 3€ no caso da proba diurna e 5€ na nocturna, máis espectacular debido á iluminación con neóns dos coches. Estes prezos van a maiores dos 6€ que costa entrar no recinto en xeral. Para ver todas as actividades, probas e mostras con detemento, botar unha ollada aos horarios que vos deixamos a continuación ou entrar na súa web.