CAMELIAS MASCOTAS

Gran acendido: as outras luces de Vigo

Desta volta a revista de novembro retrásase un pouquiño. O martes a daremos a coñecer nun gran evento no que tamén sacaremos as nosas luces á rúa. O gran acendido de ‘As outras luces de Vigo’ será este martes día 5 ás 20.15 horas diante do Museo MARCO.

Este ano, adiantámonos a Caballero e seremos os primeiros en prender as luces. O evento terá lugar o martes día 5 de novembro ás 20.15 na rúa Príncipe (diante do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo). Tratarase, iso si, dunhas luces algo singulares. Pode que non sexan tan rechamantes, pero brillan sen necesidade de electricidade.

REVISTA NOVEMBRO

O showman vigués Tony Lomba será o encargado de dinamizar o acto e prender as luces. Artistas locais como Antonio Durán Morris, Marta Larralde, Ledicia Costas, Xosé Luis Méndez Ferrín, Silvia Superstar, PATRICIA MOON, Maria Xose Queizan, Eladio Santos, Julián Hernández, Silvia Penas, Lupita Hard e KAIXO Ϩ∆MØ estarán presentes.

As outras luces de Vigo estarán acendidas ata o domingo 10, data en que nos retiramos para dar paso á madrugadora iluminación natalicia.

#AsOutrasLucesDeVigo coa colaboración de Xenera, Compañía Eléctrica.