Sorteamos tres exemplares de O meu nome é Ninguén – A Movida

Sorteamos tres exemplares de O meu nome é Ninguén

O pasado mes de setembro o médico vigués Manuel Esteban volveu ao ámbito da narrativa coa novela O meu nome é Ninguén, tras acadar o premio Xerais 2016 con A ira dos mansos. De novo pon a cidade de Vigo como pano de fondo e non se nos ocorre mellor agasallo para agradecer a fidelidade dos nosos seguidores.

Para participar no sorteo só tes que ser seguidor de A Movida en Facebook e darlle gústame nesta publicación.

prazo para participar e ata o domingo 18 de novembro ás 12 da noite, o luns 19 coñeceremos o nome da persoa premiada.

Sobre ‘O meu nome é Ninguén’ de Manuel Esteban

Carlos Manso é un inspector de policía desencantado tras vinte anos de oficio polas beirarrúas da sociedade. Un antiheroe en pleno declive persoal que fai do fracaso a súa marca de identidade. Mentres leva a cabo a investigación dunha rede de pederastia, descobre que, no atropelado intento de vencer contra vento e marea, hai xente que comete o erro de confundir a bondade coa estupidez. Unha mal entendida liberdade que proclama o dereito a posuílo todo. A devoralo todo. A destruílo todo. Mesmo os nosos semellantes.

O meu nome é Ninguén é unha novela policial, pero tamén un tratado sobre a perda da identidade, un manual de filosofía para perdedores onde ninguén é o que parece: un inspector de policía que se fai pasar polo seu irmán, un hacker agochado tras un pseudónimo, unha muller que ten que cambiar de nome ou un rapaz con síndrome de Down que pode ser calquera, indistinguible entre a multitude. Un ninguén.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

  • Ser seguidor en Facebook de @amovidavigo
  • Darlle gústame no Facebook de @amovidavigo á publicación do sorteo.
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata o domingo 18 de novembro ás 12 da noite.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil de Facebook. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos

Gañador/a:
Os gañadores ou gañadoras serán elixidos mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con eles mediante o seu perfil de facebook; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

O premio:
Sortéanse tres exemplares do libro O meu nome é Ninguén de Manuel Esteban, Ed. Xerais. A organización resérvase o dereito de mudar o carácter ou cuantía do premio en caso de que a empresa patrocinadora do evento así o requirise. Da mesma maneira, resérvase o dereito de mudar, suspender ou cancelar o concurso en base a necesidades da mesma e de conformidade con estas bases.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

 

* Facebook non patrocina, avala nin administra de modo alguno a promoción, nin está asociado a ela.

Compartir
X