‘A Movida’, a nova guía cultural e de ocio en Vigo
A partir de agora, se quedades na casa que sexa porque queredes. A Movida nace cun un único obxectivo: que coñezamos o que se move na cidade de Vigo.
As opcións para pasar o tempo de lecer son cada vez máis numerosas e variadas e os vigueses estamos ávidos de participar delas. Demostrámolo acotío enchendo a rúa en eventos como os concertos no Audiotorio de Castrelos, o festival O Marisquiño ou a festa da Reconquista. Sabemos que Vigo é una cidade inzada de vida, pero ás veces non estamos ao tanto de moitas das cousas que aquí se organizan. A Movida nace para que iso non volva a acontecer. No apartado Axenda de www.amovida.gal atoparanse todos os eventos programados no día á escolla.
No web haberá opcións para menear o corpo en concertos e festas, para poñérmonos ao día en charlas e coloquios ou para pasalo ben cos máis pequenos en espectáculos e obradoiros familiares. Tamén haberá lugar para propostas gastronómicas e plans para estar en boa forma como andainas, carreiras populares e rastrexos. Por se aínda houbese dúbidas sobre que plan da oferta escoller, no apartado Amovigo atópanse artigos e entrevistas con máis información sobre todo o que se está a mover en Vigo. Ademais, os subscritores do noso Newsletter recibirán todos os xoves un relatorio dos mellores plans da semana no seu enderezo electrónico.
O nome A Movida fai referencia aos anos da movida viguesa dos oitenta. Queremos recuperar aquel espírito. Sempre se fala daqueles anos, talvez mitificados, con certa morriña. Sabemos que Vigo ten o potencial e que os vigueses temos a actitude precisa para lle devolver á cidade o título de Capital da Movida. Movédevos connosco!