CAMELIAS MASCOTAS

Charlas para afondar nos tesouros das Illas Cíes

Todos coincidimos en que as Illas Cíes son o noso paraíso. Pero, se queremos afondar nas cualidades das illas podemos participar no ciclo de charlas científicas ‘Falemos das Illas Cíes’ que se desenvolverá entre este mércores 18 de xullo e decembro en diferentes espazos da cidade.

Este mércores arranca o ciclo de charlas científicas ‘Falemos das Illas Cíes’ a través do cal poderemos coñecer dunha forma lúdica e divertida os valores naturais das illas. As conferencias terán lugar na praza da Constitución, o Mercado do Berbés e o Auditorio do Areal entre xullo e decembro e nelas participarán prestixiosos científicos que dunha maneira amena nos explicarán o tesouro que temos fronte as nosas costas.

A iniciativa é unha proposta do Concello de Vigo enmarcada dentro da candidatura ‘Illas Cíes Patrimonio da Humanidade’. A primeira charla terá lugar este mércores 18 ás 21:00 na praza da Constitución. Nesta ocasión na conferencia ‘Cine e Ciencia: Mergúllate nos fondos mariños das Illas Cíes’, os científicos e documentalistas Manuel E. Garci e José Irisarri, proxectarán en pantalla xigante un vídeo que amosa a excepcional riqueza dos fondos mariños das Illas Cíes, tanto pola beleza da súa paisaxe, como pola riqueza da súa biodiversidade.

Programación completa

Mércores 18 de xullo, Praza da Constitución.
Cine e ciencia. “Sumérxete nos fondos mariños das Illas Cíes”
Manuel E. Garci, biólogo do Instituto de Investigacións Mariñas

Mércores 5 de setembro, Mercado do Berbés.
Ciencia e cañas: “Flora insular e a acción humana sobre as Illas Cíes”
Luis Navarro, profesor da Universidade de Vigo

Mércores 19 de setembro, Mercado do Berbés.
Ciencia e cañas: “Procesos ecolóxicos nas Illas Cíes”
Alberto Velando (doutor en Bioloxía) e Carlota Barañano (especialista en conservación do fondo mariño)

REVISTA NOVEMBRO

Mércores 3 de outubro, Mercado do Berbés.
Ciencia e gastronomía: “Usos sostibles das Illas Cíes. O caso da pesca”
Fran Saborido (investigador do Instituto de Investigacións Mariñas) e Miguel Planas (científico do Consello Superior de Investigacións Científicas)

Mércores 7 de novembro, Auditorio Rúa Areal-Rúa Porto
Ciencia e Patrimonio: “Patrimonio Cultural e Histórico das Illas Cíes”
Ceferino de Blas, cronista oficial de Vigo

Mércores 12 de decembro, Mercado do Berbés.
Ciencia e cañas: “A xeoloxía das Illas Cíes: unha viaxe no tempo”
Irene Alejo, profesora da Universidade de Vigo

(GMT+01:00) Praza da Constitución


(GMT+01:00) Mercado do Berbés


(GMT+01:00) Mercado do Berbés


(GMT+01:00) Mercado do Berbés


(GMT+01:00) Auditorio do Areal


(GMT+01:00) Mercado do Berbés