GFFF
GFFF

Underfest adianta novos artistas internacionais e saca entradas á venda

A falta dunha semana e media para a inauguración do festival, o Underfest Xacobeo presenta novas confirmacións e saca á venda as entradas individuais dalgúns dos concertos. O festival comeza o 13 de setembro cun dobre concerto de presentación dos británicos Fink e Stone Foundation, mentres que o groso do cartel concentrarase os días 20, 21 e 22.

O Underfest, que estrea nome baixo o patrocinio do Xacobeo, presenta un avance do cartel da súa sétima edición coas novas confirmacións dos irlandeses Ash, os franceses Chester Remington ou o neozelandés Finnegan Tui, xunto a atractivos nomes do panorama nacional e galego como Sistema de Entretenimiento, Espineli, Óscar Avendaño e Alarido. Todos eles súmanse aos artistas xa anunciados Richard Hawley, Fink, Gigolo Aunts, Él Mató a un Policía Motorizado, La Cendejas e Stone Foundation. Nas próximas semanas revelarase o cartel completo desta sétima edición deste evento que conta co apoio de Xunta de Galicia a través da marca Fest Galicia.

Ademais da programación do Underfest Xacobeo de setembro, anúnciase un novo concerto do ciclo Bites, que terá como protagonistas o 2 Novembro á banda de culto californiana Redd Kross. Este ciclo de concertos internacionais ten a intención de manter vivo o espírito do festival antes e despois das datas do evento. Os abonos xerais levan meses esgotados, pero a partir deste luns 2 poñeranse á venda en Ataquilla as entradas individuais para os concertos de Gigolo Aunts, Ash e Él Mató a un Policía Motorizado.

Polo momento, así queda o cartel:

Venres 13
20:00 – Fink (Auditorio Municipal)
23:00 – Stone Foundation (Sala Masterclub)

Venres 20
20:30 La Cendejas (Radar)
23:45 Gigolo Aunts (Sala Masterclub)

Sábado 21
19:30 Richard Hawley (Teatro Salesianos)
00:00 Ash (Sala Masterclub)

REVISTA SETEMBRO

Domingo22
19:00 Él Mató a un Policía Motorizado (Auditorio do Teatro García Barbón)

Sábado 2 de novembro (Ciclo Bites)

Red Kross (Sala Masterclub)