GFFF
GFFF

Taller de Arte Mingos Teixeira

Con máis de trinta anos de experiencia, neste centro artístico deféndese que a arte é o que nos converte en humanos. Susana Teixeira, responsable a cargo deste espazo, non dubida ao afirmar que «a creatividade é unha ferramenta moi útil a nivel persoal e profesional», e por iso pon tanto empeño en fomentar a arte desde a infancia. Neste taller ofrécense clases para aprender a desenvolverse en debuxo e pintura, sen precisar coñecementos previos nin pasar por sesións aburridas. De xeito individualizado, búscanse as mellores técnicas para que os máis pequenos expresen as súas sensibilidades. Cada alumno traballa no seu propio proxecto, ao seu ritmo e adáptase a clase ás súas necesidades. Ata un máximo dunha ducia de rapaces de diferentes niveis e idades comparten aula, porque Susana asegura que «traballar desde a diversidade é enriquecedor». Estas sesións semanais teñen unha duración mínima de dúas horas e cuxa formación se complementa con actividades culturais como visitas a exposicións, nas que o alumnado pode participar sen custo adicional.

Idade recomendada: a partir dos 6 anos. Disciplina: debuxo e pintura. Contacto: avenida da Florida, 32 |  657 65 97 45  |  @taller_mingos_teixeira