GFFF
GFFF

O Revoltallo, o festival máis lonxevo de Vigo, anuncia o seu cartel

O festival de música máis lonxevo da cidade, o Revoltallo, volve á Carballeira do Pedregal de Valadares do venres 20 ao domingo 22 con tres días repletos de música galega. Os Vacalouras, Cobra Steel, Blue Merrow, Sun Iou ou Akarakan son algunhas das bandas que van actuar.

Blue Merrow | P. Cermeño

O festival Revoltallo de Cultura Emerxente, un clásico da escena musical viguesa desde a década dos noventa, celebra 31 anos sendo fiel á súa filosofía: apoiar a música galega e viguesa incipiente. Tampouco faltan artistas asentados con longas traxectorias, como poden ser Tony Lomba ou Os Vacalouras.

Do venres 20 ao domingo 22 de setembro atoparemos na Carballeira do Pedregal, en Valadares, unha ampla e variada programación musical que vai desde o folk ata o punk rock e o metal, pero tamén actividades infantís para que as familias gocen xuntas ao longo da xornada. Todas as actividades son de balde.

Os Vacalouras | Cedida

VENRES, 20 DE SETEMBRO

18:00 – Canto e Rutina Vogal Laura Taka
19:00 – Dani Blanco – Polos Pelos, Espectáculo de Circo
20:00 – Luis e Josinho – Regueifas
21:00 – Pelica de Can
22:10 – Blue Merrow
23:20 – Sun Iou
00:40 – Os Vacalouras

SÁBADO, 21 DE SETEMBRO

REVISTA SETEMBRO

12:00 – Obradoiro de Capoeira
13:00 – Exhibición de Capoeira
16:00 – Obradoiro – Mantemento de Guitarra e Baixo – Jesús Rodríguez Cid
17:30 – Mago Zanas – Como ser Majo
19:00 – Silvia Penide e Natalia Navaza – Diferentes Diferenzas
20:30 – Akarakán
21:35 – Dioivo
22:40 – Cabodano
23:45 – Cobra Spell
01:20 – Aquelarre

DOMINGO, 22 DE SETEMBRO

12:00 – Obradoiro de Pequenos Instrumentos Tradicionais.
13:00 – 4 Notas
17:00 – Obradoiro – A Batería na Música Tradicional con Suso Feixón
18:30 – Actuación – Cé Orquestra e Judit Santos – O Desencantamento
20:00 – Tony Lomba

Cobra Spell | Cedida