VIALIA
Encordass Fiddle Fest

O Marisquiño presenta a súa programación infantil

O Marisquiño Family Day, a programación infantil do famoso evento deportivo, abre inscricións este luns 1 de xullo. Os talleres de seis disciplinas que este ano volverán repartirse por distintos escenarios da cidade como Samil, San Paio de Navia e a zona do Naútico.

Family Day | Cedida

O próximo 8 de agosto a xornada do Family Day abrirá, un ano máis, a XXIV edición de O Marisquiño, que permitirá iniciarse nos deportes de acción e a cultura urbana a máis de 250 nenos e adolescentes de Vigo e comarca. Gadis e Montana patrocinan unha nova entrega de talleres de seis disciplinas que este ano volverán repartirse por distintos escenarios da cidade como Samil, San Paio de Navia e a zona do Naútico.

Ademais de ampliar o número de prazas para este ano, a principal novidade é que os talleres de Grafiti trasládanse á zona de Samil onde terán unha nova localización á beira do Marina Cies Beach Club e enfronte ao Museo Verbum. O resto de disciplinas repetirán a localización do ano pasado, é dicir, os talleres de Skate e BMX serán en San Paio de Navia, os de Basket 3×3 na zona do Naútico e os demais (Break-Dance, Flatland e Grafiti) en Samil.

Family Day | P. Vázquez

Todos os talleres son gratuítos e están abertos á participación de nenos e mozos entre 5 e 16 anos. As prazas para os 25 talleres están limitadas e as inscricións pecharanse a medida que se termine a cota establecida para cada disciplina. As actividades darán comezo a partir das 10:30 da mañá e prolongaranse ata as 21:00. Os nenos e mozos terán a oportunidade de iniciarse nos seus deportes favoritos e os que xa coñecen algo destes deportes poderán aprender algúns trucos da man de monitores expertos en cada unha destas actividades.

O Family Day é un día que vén consolidando nas últimas edicións do festival e supón unha gran oportunidade para integrar aos máis novos na programación dun evento que xa de seu conta con deportes moi seguidos polos nenos da cidade e a súa contorna.

As inscricións poden realizarse premendo aquí.


TALLERES BREAK DANCE

Localización: Samil -circuíto Break Dance/pista de patinaxe-

Dirixida a: nenos de 5 a 13 anos
Prazas totais: 60
Prazas por taller: máximo 15 prazas por taller

Horarios:
11:00h a 12:00h para idades comprendidas entre 5 e 8 anos
12:30h a 13:30h para idades comprendidas entre 9 e 13 anos
16:30h a 17:30h para idades comprendidas entre 5 e 8 anos
18:00h a 19:00h para todas as idades ata 13 anos.

Dinámica: Neste taller ensinaranse os movementos básicos desta disciplina, falarase sobre a cultura Hip Hop, as súas raíces e valores: Paz, Amor, Unidade. Será unha hora de taller para pasarllo ben.Os talleres realizaraos KL Making Dancers o único centro de formación especializada en Break de Galicia, con máis de 15 anos de experiencia e correrán a cargo de Bboy Kawa, referente na escena Hip Hop e cunha ampla experiencia impartindo talleres por España e Portugal.

TALLERES FLATLAND

Localización: Samil -circuíto de Flatland/pista basket-

Dirixido a: nenos de 9 a 16 anos
Prazas totais: 24 prazas
Prazas por taller: máximo 4 prazas por taller

Horarios:
11:00h a 12:00h para idades comprendidas entre 9 e 16 anos
12:00h a 13:00h para idades comprendidas entre 9 e 16 anos
13:00h a 14:00h para idades comprendidas entre 9 e 16 anos
16:00h a 17:00h para idades comprendidas entre 9 e 16 anos
17:00h a 18:00h para idades comprendidas entre 9 e 16 anos
18:00h a 19:00h para idades comprendidas entre 9 e 16 anos

Dinámica: Ensinarase o manexo básico da bici de BMX enfocado ao Flatland: posicións sobre a bicicleta e as nocións básicas para poder empezar a practicar esta disciplina. Tamén se ensinarán trucos e faranse xogos.

Para asistir ao taller non se necesita contar cunha bici BMX, pero recoméndase traer proteccións (coderas, xeonlleiras e casco).

TALLERES GRAFITI EN COLABORACIÓN CON MONTANA

Localización: Samil -espazo Grafiti/á beira do Mariña Cíes Beach Club –

Dirixido a: nenos de 8 a 14 anos
Prazas totais: 40 prazas.
Prazas por taller: 10 niñ@s por taller.

Horarios:
11:00h a 12:00h para idades comprendidas entre 8 a 10 anos
12:30h a 13:30h para idades comprendidas entre 11 a 14 anos
17:00h a 18:00h para idades comprendidas entre 8 a 10 anos
18:30h a 19:30h para idades comprendidas entre 11 a 14 anos

Dinámica: O obxectivo destes talleres, enfocados aos máis novos, é o de iniciarse nesta práctica artística de maneira didáctica pero divertida, onde os participantes terán a oportunidade de crear un mural colectivo. O encargado de dirixir esta experiencia será O’Nivel, que conta cunha longa traxectoria no mundo do grafiti. Os participantes tomarán contacto co spray e aprenderán os parámetros fundamentais desta ferramenta, tanto a nivel técnico, como a nivel visual, entrando en nocións como debuxo, proporción, composición, uso do cor, etc. En calquera caso, converterase nunha experiencia divertida e moi gratificante para os máis novos.

TALLERES BMX

Localización: Skate Park Navia

Dirixido a: nenos de 6 a 12 anos
Prazas totais: 40 prazas
Prazas por taller: máximo 10 prazas por taller

Horarios:
11:00h a 12:00h para niñ@s de 6 anos
12:30h a 13:30h para idades comprendidas entre 6 e 8 anos
17:00h a 18:00h para idades comprendidas entre 9 e 10 anos
18:30h a 19:30h para idades comprendidas entre 11 e 12 anos

Dinámica: Un taller para iniciarse nas técnicas básicas do BMX freestyle, dirixido a nenas e nenos que xa saben montar en bicicleta e queiran aprender a rodar distintos obstáculos, equilibrios, resistencia e velocidade.

TALLERES SKATE

Localización: Skate Park Navia

Dirixido a: nenos entre 5 e 14 anos
Prazas: 56 prazas.
Prazas por taller:
20 prazas infantís (de 5 a 7 anos) = 10 prazas por taller.
36 prazas xuvenís (de 8 a 14 anos) =12 prazas por taller.

Horarios:
11:00-11:50 para idades comprendidas entre os 5 e 7 anos.
12:00-12:50 para idades comprendidas entre os 5 e 7 anos.
16:00-16:50 para idades comprendidas entre os 8 e 14 anos.
17:00-17:50 para idades comprendidas entre os 8 e 14 anos.
18:00-18:50 para idades comprendidas entre os 8 e 14 anos.

Dinámica: Curso de iniciación e perfeccionamento de skate a cargo da Escola Barrier. Aprenderase cal é a posición no skate (Goofy-Regular), como empuxarse, virar e o posicionamento do corpo.
Grupos reducidos. En caso de ter coñecementos de skate, aprenderanse trucos en diferentes módulos do skatepark e perfeccionarase a técnica.
Para asistir ao taller é necesario contar cun monopatín e proteccións (coderas, xeonlleiras e casco).

TALLERES BASKET 3X3

Localización: Náutico -Vigo Centro-

Dirixido a: nenos de 13 a 16 anos
Prazas: 20 prazas

Horarios:
10:30h a 13:30h para niñ@s de 13 a 16 anos
15:00h a 21:00h Torneo 3×3 – para equipos infantís e cadetes-

Dinámica: Durante a xornada da mañá faranse diferentes concursos e actividades orientados á práctica do baloncesto: habilidades por parellas, concurso de triplos, 2 ball, ademais, farase unha introdución ao 3×3 con normas FIBA para que os participantes coñezan a disciplina en profundidade.

REVISTA MAIO

Durante a tarde organizarase un torneo de 3×3, onde equipos infantís e cadetes competirán seguindo as dinámicas das competicións deste deporte.