GFFF
GFFF

Mundo Sonoro

Hai quince anos que Mundo Sonoro abriu as portas no PAU de Navia para ofrecerlle á rapazada da zona a posibilidade de desenvolver a concentración, a creatividade, a psicomotricidade a través da música. Co tempo, o centro foi ampliando o espectro e hoxe acolle alumnos desde os tres anos ata adultos sen límite de idade. Os máis cativos acoden a clases de música e movemento e a partir dos seis ou sete anos poden elixir formarse en canto moderno ou escoller un instrumento para aprender a tocar, entre baixo, batería, clarinete, guitarra clásica, guitarra eléctrica, piano e violín. As clases compóñense dun apartado individual para perfeccionar a práctica e un apartado grupal no que se pode escoller entre coro e ritmo ou unha combinación dos dous factores. Esta estrutura permite ofrecer un trato personalizado para que cadaquén avance á súa maneira sen perder a parte colectiva e social, tan importante en certas idades e nunha actividade como a práctica musical. A escola ten un horario amplo, de luns a sábado, e ao longo do curso organiza diferentes actividades nas que participa o alumnado, como audicións, concertos e festivais que propician o bo ambiente.

Idade recomendada: a partir dos 3 anos. Disciplina: música e canto. Contacto: rúa das Teixugueiras, 19 |  698 14 59 71 |  @mundosonoro