GFFF
GFFF

Festas gastronómicas, o último Terraceo, Bo Derek’s e lindy hop esta fin de semana en Vigo

Comezamos setembro con moita música, festas populares, bailes na rúa e consellos para voltar á rutina. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

Swing On na Praza da Pedra

MARKET VIGOCENTRO – De venres a domingo – De balde

Mercado nas Galerías Durán os días 6, 7 e 8 de setembro. Outlet de moda e complementos e máis de 30 negocios locais. O sábado e o domingo hai sesión vermú con concerto ás 13:00, ademáis de experiencias gastro.

FESTA DOS PEXEGOS – De venres a martes en Candeán – De balde

Candeán celebra a Festa dos Pexegos cunha serie de actos na honra a Doce Nome de María e Virxe das Dores. A música da verbena corre a cargo das Orquestras Marbella e Fuego, do Grupo Alaska e dos tríos Salero e Soprano.

INAUGURACIÓN ‘TODOS SOMOS FRIDA’ E CONCERTO – Sábado desde as 11:00 en A Morada – De balde

Inauguración da Mostra “Todas somos Frida” e concerto de Alejandro Nuricumbo. Todo isto coas mellores opcións de gastronomía mexicana. Evento organizado pola Asociación Mexicanos en Galicia.

CONSELLOS PARA VOLTAR Á RUTINA – Sábado ás 11:30 en Kenguru – 5,00 €

Comeza unha nova etapa (ou toca volver á vella rutina) e para facer esta transición da forma máis respectuosa e consciente,contamos co apoio de Rocío Álvarez (Mestra, Guía Montessori, Terapeuta e Ed. Certificada en Disciplina Positiva).

FESTA DO XURELO – Sábado desde as 11:30 na AVCD Cabral – De balde

Se gostas do xurelo, tes unha cita este sábado en Cabral. As 12:30 comeza a degustación deste produto do mar nas súas distintas especialidades: asado, en escabeche e en empanada. Tamén haberá actuacións musicais de Antonio Barros, o Grupo de Bombos de Monçao, Os Ferraias da Etea, Robert Sax e as pandereteiras Xoltra.

BAIXADA DE CARROS DE BOLAS – Sábado ás 16:00 en Freixo – De balde

A XXIV edición da Baixada de Carros de Bólas comezará ás 16.00 horas e terá as categorías: individual e colectiva. Finalizada a carreira realizarase a entrega de premios ás 20.00 horas, onde se premiará a orixinalidade, espectacularidade, velocidade etc.

LINDY HOP NA RÚA – Sábado ás 19:30 na Praza da Pedra – De balde

A escola de baile Swing On volve á Praza da Pedra este sábado 7 de setembro para máis bailes na rúa. A partir das 19:30 realizarase unha clase aberta que continuará cun baile social a partir das 20:00.

TERRACEO: TALLEST MAN ON EARTH – Sábado ás 21:00 no Mar de Vigo – Desde 40,00 €

O cantante e compositor sueco coñecido como The Tallest Man On Earth pecha o ciclo de concertos Terraceo coa presentación do seu sexto disco, Henry St.

The Tallest Man on Earth

THE BO DEREK’S – Sábado ás 21:30 en La Fábrica de Chocolate – Desde 10,00 €

REVISTA SETEMBRO

Tras varios anos de non facer un concerto completo en Vigo e tras percorrer miles de quilómetros, festivais e salas de todo o estado, os Bo Derek’s finalizan na Fábrica de Chocolate a xira de presentación de Porca Miseria.

2º ANIVERSARIO O LAR DAS ARTES – Domingo desde as 12:00 no Lar das Artes – De balde

O asador cultural de Matamá celebra dous anos cos concertos de The Followings e Othergame.