GFFF
GFFF

Escuela de Equitación San Cosme

No veciño concello de Mos, a un cuarto de hora do centro da cidade, atopamos un club hípico homologado que conta coas mellores instalacións da provincia. Desta escola de equitación que toma o nome do alto de San Cosme e do seu adscrito Club Hípico Alazán, saíron algúns dos mellores xinetes de Galicia, chegando a participar en campionatos europeos e mundiais. Con tres décadas de experiencia no mundo da equitación, San Cosme ofrece clases de diferentes modalidades hípicas para todos os niveis, desde a iniciación ata a alta competición. O curso inicia a segunda semana de setembro e ten a duración do calendario escolar, ata xuño. Nos períodos vacacionais, a escola organiza uns campamentos que resultan idóneos para seguir perfeccionando as habilidades montando a cabalo en momentos de lecer. Tamén se propoñen concursos sociais, paseos, visitas escolares e xornadas de preparación. Outra das vantaxes de pertencer ao club é que se permite a celebración de aniversarios á medida, que inclúen unha merenda con decoración temática, inchables, visitas guiadas, xincanas e, como non, montar a cabalo. As responsables desta escola indican que a equitación ofrece moitos beneficios: inculca o respecto polos animais e a responsabilidade de coidar dun ser vivo, mellora o ton muscular, corrixe a postura corporal, favorece a concentración e mellora os reflexos, a capacidade de concentración o ton muscular e a autoestima.

Idade recomendada: a partir dos 3 anos. Disciplina: equitación. Contacto: camiño de Erville, 10 (Mos) |  677 69 31 71 / 639 14 96 89 | @escuelaequitacionsancosme