GFFF
GFFF

El Taller de la Musa

A praza da Miñoca acolle un obradoiro que lle dá a benvida a grandes e pequenos cun espazo familiar dirixido por Nela Quesada, unha artista, educadora infantil e nai que decidiu iniciar este proxecto hai tres lustros anos para combinar as súas especialidades. El Taller de la Musa ofrece a aprendizaxe de diversas técnicas artísticas como acuarela, grafito, gravado ou óleo. As clases son individuais e personalizadas, polo que cada asistente pode optar por unha aprendizaxe máis académica ou máis lúdica, en función dos seus intereses. A mestra sinala que unha gran vantaxe que ofrece a súa academia é a flexibilidade horaria, aberta de luns a venres das 16:30 ás 20:00 horas, con clases matinais os sábados, algúns domingos e que ademais amplía o horario semanal ás mañás durante as vacacións escolares. A posibilidade de anotarse está aberta en calquera momento do ano, non só en setembro. Alén das clases regulares, o alumnado pode participar en obradoiros puntuais, como os titulados «Arte con mamá» e «Arte con papá», nos que os proxenitores comparten coa súa prole unha xornada de arte ademais dunha sesión fotográfica. Tamén están e os chamados «Piscolabis creativos», un formato de clases maxistrais para maiores de 15 anos con profesionais de diferentes disciplinas na compaña dun bo petsico. Neste taller tamén se fan traballos por encargo para colexios, empresas ou particulares: retratos, recordatorios para voda ou comuñón e pintura téxtil.

Idade recomendada: a partir dos 4 anos. Disciplina: debuxo e pintura. Contacto: praza da Miñoca, 27 |  622 12 95 00 |  @eltallerdelamusa