GFFF
GFFF

Artocio

O destino e as habilidades adquiridas provocaron que Eva acabase impartindo clases de arte como forma de vida. O seu pai rexentou a escola de debuxo e pintura Cabaleiro e este contexto implicou que ela vivise unha infancia rodeada de pinceis. Hai dez anos decidiu seguir o ronsel familiar para conformar un espazo de seu no que, desde un enfoque lúdico, axuda a desenvolver a creatividade. Os servizos ofrecidos para a etapa infantil son moi variados e van desde clases de arte ata a organización de campamentos, aniversarios e animación en vodas, namentres que as clases para o público adulto realízanse en grupos reducidos os mércores e os xoves. A atención é individualizada para cada alumno, que pode escoller a técnica que máis lle interesa: acuarela, grafito, lapis, óleo, pastel… As clases inícianse en outubro e a inscrición renóvase cada mes, sen unha duración específica para cada aprendiz.

Idade recomendada: a partir dos 3< anos. Disciplina: debuxo e pintura. Contacto: rúa da Quintela, 23 | 670 76 17 36 | @artociovigo