Zahara, Ultraligera e Barry B incorpóranse ao cartel do SonRías Baixas
Zahara, La M.O.D.A., La Pegatina, Alcalá Norte, Ultraligera, Barry B e Veintiuno encabezan tres días de música en Bueu que combinan grandes nomes, propostas emerxentes e talento galego. Os abonos están á veda na web do festival.

SonRías Baixas revelou hoxe a programación completa da súa próxima edición, que se celebrará do 30 de xullo ao 1 de agosto no recinto de As Lagoas, en Bueu. Tras un primeiro avance con La M.O.D.A., La Pegatina e Hoonine, súmanse agora nomes clave do panorama estatal como Ultraligera, Zahara no seu formato “Rave”, Alcalá Norte e Barry B. Xunto a eles, SonRías Baixas volve mirar ao futuro incorporando bandas que están definindo o pulso dunha nova xeración, como Veintiuno, Chiquita Movida, Sobrezero e Juventude.
O cartel complétase con propostas como Mr. Kilombo, Alizza, Gara Durán, Hoonine e Coolnenas e coa participación internacional de Sonido Gallo Negro, que achegará a súa característica fusión de psicodelia e ritmos latinoamericanos. A programación nocturna contará ademais coas sesións DJ encargadas de prolongar a enerxía do festival ata o peche de cada xornada. O talento galego emerxente volverá ter un espazo destacado grazas á incorporación de bandas como Rager, Ulex E Quinquillada,.
Os abonos para as tres xornadas están dispoñibles a un prezo de 65,00 € (gastos de xestión incluídos) a través de sonriasbaixas.info e enterticket.es.

