VIALIA
bannerPicnicSesions

Zahara: «Quero que a xente que veña se sinta tan libre coma nós»

En 2021 Zahara publicou ‘Puta’ e foi aclamado pola crítica como un dos mellores do ano. Este ano esta xirando por todo o país con ‘La puta rave’ unha re-interpretación deste traballo levado á electrónica na que convida ao público a deixarse levar e desfrutar. Este sábado día 3, podemos gozar do seu espectáculo no Barbeira Season Fest. (Recorda queempregando o código AMOVIDA tes 5€ de desconto no teu abono ao festival.

Zahara | Sharon López

Cando decidiches converter Puta nunha rave?

No primeiro concerto de «La Puta Gira», en Valencia; foi un formato pequeno pola COVID-19, pero, ao rematar, o meu manager díxome que tiñamos que levalo ao WiZink Center, en Madrid. Esa mesma noite púxenme a pensar en como sería ese concerto en grande. Inspireime nasraves de Londres e Berlín, ás que fun bastante nos últimos anos, e nas que o público simplemente se deixa levar. Xurdiu aí, mais non lle dei forma ata moito máis tarde.

Dis que Puta foi como abrir unha botella que desborda chapapote; queda máis por saír?

Penso que si. Descubrín o pracer que me produce non calar as cousas, o saudable que é para unha mesma e tamén como esa iso axuda se estende áas persoas que o escoitan. Non sei se seguirá saíndo chapapote ou outras substancias, pero abriuse algo do que seguirá emanando todo o que estivo gardado durante anos.

Este disco foi dos máis aclamados en 2021; onde pensas que reside o éxito deste traballo?

REVISTA ABRIL

Buscaba facer un disco honesto e brutal, completamente deslinguado e visceral; penso que, en parte, iso foi fundamental para conectar coa xente. E alén de que sexa un disco moi escuro e complexo, combinar esas letras coa luminosidade do pop fixo que se convertese nun traballo capaz de chegar a moita máis xente que se fose un disco de cantautora.

Algunha premisa para o público que vaia ao teu concerto de Baiona?

Na xira do ano pasado, estaba conectada dunha maneira moito máis dolorosa con estas cancións e, ás veces, acababa o concerto chorando; agora estou vivindo un período de celebración, por chegar ata aquí. Desde que subimos ao escenario, somos completamente felices: bailamos, vestimos, tocamos, gritamos, saltamos como nos apetece; queremos que a xente que nos acompañe, que faga o mesmo e que sinta que se trata dun espazo completamente seguro, para ser tan libre coma nosoutros.