VIALIA
bannerPicnicSesions

Xogo libre na natureza coa Tribo Foresta

Tribo Foresta é a proposta desta bosque escola para que os nenos e nenas de máis de tres anos teñan un espazo no que dedicarse a explorar e xogar en pleno contacto coa natureza. As sesións teñen lugar os mércores pola tarde e aínda quedan prazas libres.

REVISTA ABRIL

Moitas veces cremos que a cativada debe facer tarefas similares as dos adultos para que sexan persoas produtivas, pero esquecemos que a tarefa máis importante dun neno é xogar. O xogo, especialmente na primeira infancia, non é un pasatempo, senón unha necesidade. É a maneira na que os pequenos aprenden e descobren o mundo que lles rodea. Por este motivo, recoméndase que teñan tempo libre a diario ou que fagan activades de xogo non dirixido como as que se levan a cabo en Foresta.
Nesta bosque escola, acollen cativos de 3 a 6 anos polas mañás e nas tardes dos mércores, a rapazada de máis de 3 anos anos ten a posibilidade de explorar libremente e en contanto coa natureza durante mais de dúas horas. Nas tardes de Tribo Foresta desenvólvense unha morea de actividades tales como a construción de cabanas no bosque, traballos na horta, exploración con elementos naturais, procura de flora e fauna…
Esta tribo das tardes, mantén un ambiente de confianza, colaborativo e respectuoso, conservando toda a esencia de Foresta. A confianza, a autoestima, a empatía, a creatividade, o respecto, son algunhas das fortalezas que se adquiren neste espazo tras relacionarse con rapaces de diferentes idades, gabear polas árbores e as pedras, orientarse na natureza, explorar a contorna… Séntense motivados e capaces, motor para seguir adiante en tódolos aspectos da vida.

Bule, que aínda reciben a máis familias!!

Data e hora: mércores de 16.30 a 19.00 h.// Lugar: Espacio Foresta // Consulta e inscricións: espacioforesta@gmail.com

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.