Xoel López únese ás cabezas do cartel do Río Verbena Fest
O 22 e 23 de agosto celébrase a cuarta edición do Río Verbena Fest na explanada do Pazo da Cultura de Pontevedra. Xoel López é a última gran incorporación á lista de artistas que actuarán á beira do río Lérez. Este mércores ábrese a venda de abonos dun único día para poder asistir a esta cita imprescindible do verán galego.

Xunto ao músico coruñés, Orzán e Javier Lago pechan a programación do festival. Estes últimos, reforzan o compromiso da proposta co talento emerxente, integrados con outras figuras consolidadas na escena nacional. O Río Verbena Fest pretende ser un escaparate para os proxectos locais que mostran a riqueza musical de Galicia.
Indie, pop, rock e incluso rap, fan do evento un punto de encontro interxeracional no corazón da cidade de Pontevedra para despedir o verán en Galicia. Algúns dos artistas que conforman a programación son: Loquillo, un dos grandes iconos do rock español con 47 anos de traxectoria; Coque Malla, na súa Xira 40 Aniversario; Álvaro de Luna e Nil Moliner, referentes recoñecidos na escena do pop actual; Carla Lourdes; e o ferrolán Andrés Suárez.
Xoel López pon o broche de ouro ao cartel. Con máis de dúas décadas de traxectoria, o artista reinvéntase con cada disco, deixando intacta a súa esencia. Cunha base moi potente de seguidores, ofrece coa súa música unha viaxe emocional cargada de paisaxes sonoros nun espazo privilexiado preto do río Lérez.
A programación para as dúas xornadas é a seguinte:
- Venres 22 de agosto: Loquillo; Coque Malla; Xoel López; Andrés Suárez; Pignoise; Efecto Pasillo; Guateque Big Band; Terapia de Grupo; Orzán.
- Sábado 23 de agosto: Álvaro de Luna; Nil Moliner; Carlos Sadness; Ysy A; Malmö 040; Taïn; Carla Lourdes; Mamasunción; DJ Sergio El Indio; Javier Lago.
As entradas para asistir a un único día saen á venda este mércores 23 de xullo ás 12:00 h. Os abonos xerais xa se poden mercar na páxina web:




