VIALIA
bannerPicnicSesions

Xa podes participar no sorteo das entradas para ‘Frozen 2’

Desde hoxe ás 12:00 ata as 12:00 de mañá poderás inscribirte para participar no sorteo das entradas para a preestrea de Frozen 2, a esperada película de Disney. Ademais, a multinacional tamén decorará coa simboloxía da película de animación máis recadatoria da historia a rúa do Progreso, desde María Berdiales ata Doutor Cadaval.

Fai uns días saltaba a nova de que Dinsey escollera Vigo para facer a preestrea de Frozen 2, dous días antes da súa estrea oficial no resto do país. Ademais, a rúa do Progreso estará decorada por iluminacións e demais ornamentacións desenroladas por Disney e inspirada na película protagonizada por Elsa, xunto con actividades de animación infantil. O acendido terá lugar o día 23 ás 21:30, xusto unha hora despois do gran acendido da Porta do Sol.

O Concello de Vigo sorteará 180 entradas para o preestreno de Frozen 2, que repartiranse en dous pases este mércores 20 na Plaza Elíptica. Para participar no sorteo, será preciso inscribirse na páxina web do Concello ou na app Vigo entre ás 12:00 deste luns, 18 de novembro, ata ás 12:00 do martes 19 de novembro. Os requisitos: estar empadroado en Vigo e as entradas serán para un menor de entre 3 e 14 anos acompañado por un adulto (a solicitude será realizada polo adulto acompañante). O sorteo será o martes ás 14:00 no Auditorio Municipal e o resultado publicarase na páxina web do Concello.