Xa coñecemos os horarios do Río Verbena Fest
En menos de un mes, concretamente o 22 e 23 de agosto, celébrase a cuarta edición do Río Verbena Fest na explanada do Pazo da Cultura de Pontevedra. Desde a organización, están a ultimar todos os detalles deste festival que aspira a consolidar a cidade do Lérez como un referente no panorama musical nacional. Este ano, ofrece unha programación diversa na que conviven rock, pop, indie, rap e fusión, creando un espazo onde os grandes clásicos comparten escenario con propostas máis actuais. Xa coñecemos todos os horarios.

Antes de nada, cabe mencionar que a partir do mércores previo ao Río Verbena Fest, terán lugar as xa consolidadas Sesións Verbeneiras, como aperitivo ao festival. A Praza Méndez Núñez acollerá tres xornadas de concertos gratuítos, onde os artistas locais serán os protagonistas. O mércores abrirán a programación CORA e Rukan Blues; o xoves será a quenda de Adrián Torres e Desconcerto; e o sábado, durante todo o día, a Charanga Alambrique encherá de música e bo ambiente o corazón da cidade.
Con respecto ás actuacións musicais do propio evento, a cousa queda así:
Venres, 22 de agosto
- Apertura de portas ás 17:45 h
- Orzán: 18:15 – 18:45 h
- Terapia de Grupo: 18:45 – 19:30 h
- Efecto Pasillo: 19:30 – 20:30 h
- Coque Malla: 20:30 – 21:45 h
- Andrés Suárez: 21:45 – 22:45 h
- Loquillo: 22:45 – 00:30 h
- Pignoise: 00:30 – 01:30 h
- Xoel López: 01:30 – 02:40 h
- Guateque Big Band: 02:40 – 03:25 h
Sábado 23 de agosto
- Apertura de portas ás 17:00 h
- Javier Lago: 17:30 – 18:00 h
- Mamasunción: 18:00 – 18:45 h
- Carla Lourdes: 18:45 – 19:30 h
- Taïn: 19:30 – 20:15 h
- Nil Moliner: 20:15 – 21:15 h
- Malmö 040: 21:15 – 23:45 h
- Álvaro de Luna: 22:15 – 23:45 h
- Carlos Sadness: 23:45 – 00:45 h
- YSY A: 00:45 – 01:45 h
- Sergio el Indio DJ: 01:45 – 03:00 h

Todavía é posible mercar entradas e abonos, para facelo preme aquí. Máis alá do Río Verbena Fest, Pontevedra prepárase para ofrecer unha fin de semana chea de plans. Gastronomía, música, ocio e cultura convivirán nunha cidade volcada co verán.

