Xa coñecemos a programación completa da festa da Reconquista

O sábado 21 de marzo dá comezo a Reconquista coa destitución da corporación francesa, mais temos que agardar ata o venres 27 para que comecen os días grandes da festa. Polo medio terá lugar a Reconquistiña, que xuntará a máis de 2000 escolares da cidade. O cartel deste ano é obra de Cibrán González.

Reconquista 2025 | Eva Lago

Xa temos datas para a Reconquista e as súas actividades complementarias. A programación comeza o sábado 21 de marzo coa tradicional representación da destitución da corporación municipal e a chegada das tropas napoleónicas. Ao día seguinte, o domingo 23, terá lugar unha foliada popular no Casco Vello.

A semana grande comeza coa Reconquistiña o luns 23, na que máis de 2000 escolares de 48 centros participarán en diferentes actividades matutinas para coñecer a historia detrás da festa. O venres 27, coa apertura do mercado, empeza a fin de semana principal da celebración, que culminará o domingo 29 ás 18:00 h coa representación principal no torreiro da Porta do Sol. Esta representación, como sempre, está protagonizada por actores e actrices amateurs que ensaian durante meses. O horario do mercado de artesanía e alimentación é de 17:00 h a 23:30 h o venres, de 11:00 h a 23:30 h o sábado e de 11:00 h a 21:00 h o domingo.

Ao longo destas tres xornadas haberá moita música no Casco Vello. Concretamente, máis de 50 actuacións musicais espállanse polos nove torreiros que haberá nesta edición. Ardentía, Acordereita, O Son do Río, Mari Carmen, Tarambainas e Ferreñas da Oliveira son algunhas das agrupacións que actuarán nestes días. No Berbés haberá unha zona para os máis pequenos da casa na que se desenvolverán actuacións pensadas para público familiar como as de Cé Orquestra Pantasma, Peter Punk ou o Mago Kali.

Como cada ano, desde a organización recomendan acudir vestidos de época. Neste artigo que publicamos hai tres anos ofrecemos unha serie de consellos para facelo adecuadamente. A Reconquista, que aspira a converterse en Festa de Interese Turístico Internacional, é unha celebración organizada pola veciñanza do Casco Vello desde 1996. Nestas tres décadas o evento foi medrando, converténdose na festa popular máis multitudinaria de Vigo. Nesta edición máis de 600 persoas participaron dalgún xeito na súa organización.

O cartel deste ano é obra de Cibrán González, mentres que Gabriela Pequeña foi a responsable do cartel da Reconquistiña.

Sábado 21 de marzo: Praza do Berbés:
17:00 h Obradoiro de danzas tradicionais Portuguesas
19:00 h Actuación grupo Estántighas do Berbés
20:00 h Destitución da corporación por afrancesada
20:45 h Actuación GEFAC da Academia de Coimbra
21:00 h Búsqueda do tesouro para mocidade
21:45 h Actuación do Grupo Os Melidaos

Domingo 22 de marzo: Praza do Berbés
11:00 h Demostracións de oficios tradicionais
11:30 h Obradoiro de baile tradicional dirixido por André Adrio
12:00 h Búsqueda do tesouro peques
13:30 h Actuación gaiteiros Os Tolleitos
14:30 h Xantar popular
17:00 h Foliada Popular
17:30 h Búsqueda do tesouro peques

Luns 23 de marzo: Reconquistiña
10:00 Saída das diferentes columnas dirección Porta do Sol (desde rúa Venezuela, Paseo de Alfonso, Laxe e Praza de Compostela)
11:00 Porta do Sol, intervención do Alcalde Don Abel Caballero e actuación musical
11:30 Saída do desfile por, Praza da Constitución, rúa Triunfo, Palma, Praza da Igrexa, Praza de Almeida, rúa Real, praza do Berbés, chocolatada e actuación musical

Martes 24 de marzo: Casa Galega da Cultura (praza da princesa)
Charla didáctica

Mércores 25 de marzo
Ensaio xeral da Festa na Porta do Sol

Venres 27 de Marzo
17:00 h Apertura Mercado tradicional
17:15 h Apertura da zona infantil (Praza do Berbés)
17:30 h Apertura de Torreiros
17:30 h Ruada do Trebón do Berbés
18:00 h Ruada de gaiteir@s
19:00 h Ruada de gaiteir@s
19:30 h Actuación Pandeireteiras da Buxaina no Torreiro Estrella Galicia , (Paseo de alfonso)
20:00 h Ruada de gaiteir@s
20:30 h Actuación de Ce Orquesta Fantasma no Torreiro da Praza dos Ratos
21:00 h Actuación de O Son do Río No Torreiro Central (Porta do Sol)
21:30 h Actuación Acordeireta no Torreiro Estrella Galicia , (Paseo de alfonso)
21:30 h Actuación Tarambainas, no Torreiro do Berbés
23:30 h Peche do mercado

Sábado 28 de marzo
11:00 h Mercado tradicional
11:15 h apertura da zona infantil (Praza do Berbés)
11:30 h Foliada infantil, no Paseo de Alfonso (organiza AF O Fiadeiro)
12:00 h Asalto o carro na praza do Berbés
12:00 h Actuación Infantil Peter Punk no Torreiro da praza dos Ratos
12:30 h Actuación da Escola Baile Tradicional da AVC Casco Vello no Torreiro do Berbés
12:30 h Actuación Banda de Zanfonas da ETRAD Torreiro da Porta do Sol
13:00h Obradoiro de Baile, Torreiro de Eduardo Chao (Organiza A Buxaina)
13:00h Ruada de Gaiteir@s
13:30 h Actuación de Arghalleiros Torreiro Estrella Galicia (Paseo de alfonso)
15:30 h Ruada de Gaiteir@s
16:00 h Obradoiro de Danzas do Mundo Torreiro Estrella Galicia
16:30 h Actuación do Mago Kali no torreiro da Praza dos Ratos
17:00 h Actuación de Ferreñas da Oliveira Torreiro Estrella Galicia
17:30 h Actuación Títeres no Torreiro da Porta do Sol
18:00 h Asalto o carro de suministros no Paseo de Alfonso
18:15 h Actuación de Peter Punk na torreiro da Praza dos Ratos
18:30 h Ruada de Gaiteir@s
19:00 h Actuación da banda de Gaitas da ETRAD, na da Porta do Sol
19:30 h Regueifas no Torreiro da Praza dos Ratos
20:00 h Ruada de Gaiteir@s
20:15 h Ruada de Gaiteir@s
20:30 h Actuación do Mago Kali no torreiro da Praza dos Ratos
21.00 h Actuación Pandereteiras Ferreñas da Oliveira
21:00 h Actuación de Tarambainas no Torreiro do Berbés
21:00 h Actuación de Mari Carmen no Torreiro Estrella Galicia
21:30 h Actuación de Orfeón Mariñeiro do Berbés + Ardentía no Torreiro Central – Porta do Sol
23:30 h Peche do mercado

Domingo 29 de marzo – Reconquista da Vila de Vigo
11:00 h Apertura do Mercado tradicional
11:15 h Apertura zona infantil (Praza do Berbés)
11:30 h Saída das peixeiras” desde o Torreiro da Pedra
11:30 h Saída das verduleiras e rosquilleiras desde o Torreiro da Praza dos Ratos
11:30 h Ruada da Treboada Baixo Miño, saída dende o Berbés
12:00 h Ruada de Gaiteir@s
12:00 h Ruada de Gaiteir@s
12:00 h Actuación Os Tolleitos no Torreiro da praza dos Ratos
12:00 h Actuación no Torreiro Estrella Galicia (Paseo de Alfonso)
12:30 h Actuación infantil no Berbés
12:30 h Ruada de Gaiteir@s
13:00 h Ruada de gaiteir@s
13:00 h Ruada de gaiteir@s
15:30 h Ruada de Gaiteir@s
16:30 h Saída da Banda de Gaitas do Casco Vello, Praza dos Ratos
17:00 h Saída da Milicia e Alarmas desde a Praza do Berbés
18:00 h Reconquista da Vila de Vigo con comezo na Porta do Sol
19:00 h Ruada de Gaiteir@s
19;30 h Ruada de Gaiteir@s
20:00 h Actuación de Maghua pandeireteiros Torreiro Estrella Galicia (Paseo de alfonso)
21:00 h Fin de Festa