Volver á rutina correndo en distintos eventos deportivos
Acaba agosto e, con el, acaba a vida sedentaria. Existen moitas formas de recuperar a forma, máis aló de ir ao ximnasio: andainas, carreiras, trails, e moitos máis. Recompilamos 15 eventos deportivos preto de Vigo para volver á rutina en setembro.

GAME SERIES DE PONTEVEDRA- 31 de agosto ás 9:00 h en Pontevedra
Para despedir agosto en boa forma, podes probar sorte nesta carreira fitness exterior, que combina 4km de carreira con nove estacións de exercicios físicos, de maneira intercalada. Realízase na pista de atletismo de Pontevedra, tendo que dar unha volta completa á mesma (400 m) entre as distintas estacións. Os exercicios destas últimas, por orde, son os seguintes: remo; subidas ao caixón; porteo atlas; paseo do granxeiro; abdominal con balón á diana; zancadas con saco; reptadas; volteos de roda; burpee con salto.
VII CARREIRÓN 10K ILLA DE AROUSA- 7 de setembro ás 10:30 h na Illa de Arousa
A Fundación Deportiva Municipal A Illa de Arousa organiza unha nova entrega desta carreira popular, disputada sobre un percorrido que transcorre por asfalto, formigón, madeira e terra. Os corredores seguirán un trazado circular, con saída e meta preto do Auditorio Municipal Vilagarcía de Arousa, onde disporán dun servizo de gardarroupa (e onde tamén se recollerán os dorsais o día da proba).
10KM ALFONSO MORO- 14 de setembro ás 10:00 h no porto de Vigo
A proba realízase desde o porto pesqueiro de Vigo, cunha distancia de 10 km nun circuito de dúas voltas (5 km cada unha delas) , coa opción para os que se queiran inscribir na carreira de 5 km. Habilitarase unha fila cero para os que queiran aportar á investigación de Enfermedad de Alexander, unha enfermidade neurodexenerativa moi pouco común.
21K COSTA DE SOAVELA- 21 de setembro ás 10:00 h desde Aldán
Carreira popular de 21 km con saída desde o Muelle de Aldán, á altura da nave de deportes náuticos en dirección Vilariño, transcorre polo entorno da Costa da Vela, Cabo Home, e as praias de Barra e Nerga ata a meta en Cangas, na antiga fábrica conserveira de Massó. Tamén se organiza, paralelamente, unha andaina de 15 km con saída na Caracola.
CARREIRA DE EMPRESAS GALICIA | INTERRUNNING – 21 de setembro ás 11:30 h en O Porriño
O Interruning Club e o Concello do Porriño organizan unha carreira de 5 km ou 10 km con saída e meta desde a Av. Domingo Bueno. Tamén se ofrece a Andaina Antonio Palacios, cun percorrido de 8 km. Trátase dunha carreira solidaria con ACEESCA (apoio a persoas con discapacidade intelectual), co Banco de Alimentos de O Porriño e coa Asociación Española contra el Cáncer de O Porriño.
ASALTAMONTES FEMALE – 27 de setembro ás 9:00 h en Monteferro
A saída terá lugar no Parque Forestal de Monteferro, e só poderán participar mulleres de 16 anos en adiante. O percorrido é circular de entre 2 e 3 km, cun trazado que cruza a península de Monteferro. Trátase dunha carreira por equipos, formados por catro mulleres, e se competirá en modalidade de relevos. O tempo da competición é de 5h, despois das cales contaranse o número de voltas dadas pr cada equipo.
15 K DO ATLÁNTICO – 28 de setembro desde San Miguel de Oia
A recadación irá destinada á Asociación Cáncer de Páncreas. A saída é desde Oia e finaliza no porto de A Guarda. Ademais da modalidade de 15 km, a carreira conta coa opción ‘Mini 15k’ cun percorrido de 7,5 km, e unha andaina de 12 km. Todas elas nun entorno único como é o Camiño Portugués da Costa, á beira do Océano Atlántico. Os participantes da carreira recibirán unha camiseta conmemorativa. No caso dos non participantes, poderán colaborar adquiríndoa. Tamén, habilitarase unha Fila 0 para doazóns, íntegramente destinadas á investigación contra o cancro de páncreas.
CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CAMBADOS- 28 de setembro ás 10:00 h en Cambados
O Concello de Cambados, o Clube de Atletismo de Cambados e a Deputación de Pontevedra organizan a X Carreira Popular 10k. O punto de saída é a Praza de Fefiñáns, nun circuíto de 2 voltas de 5 km cada unha. Existen distintos grupos por idades, con modalidades infantís tamén para a rapazada que queira participar.
DESAFÍO BOOTCAMP – 5 de outubro na praia de Samil
Trátase dunha carreira de obstáculos celebrada na cidade de Vigo para todos os públicos. A súa XI edición dispútase o domingo 5 de outubro no entorno da praia de Samil. O evento vai dirixido a calquera persoa, sen distincións. Existen distintas categorías: Élite; Élite por grupos de idade; popular competitiva ‘Starter’, dirixida aos que se inician na competición; popular ‘Party’ non competitiva, un formato no que os deportistas se axudan entre eles a superar os obstáculos; por equipos de mínimo 4 corredores; e, para os máis cativos, a categoría ‘Kids’.
TRAIL MONTES DE VIGO- 12 de outubro a partir das 10:00 h no Parque Forestal de Beade
A Mancomunidade Montes de Vigo organiza a novena entrega do Trail Montes de Vigo, celebrada de novo no Parque Forestal de Beade o 12 de outubro a partir das 10:00 h. Trátase dunha iniciativa que busca dar a coñecer o uso social dos nosos montes, invitando aos participantes a gozar dos seus sendeiros e paisaxes. É a terceira das catro probas da Pontevedra Trail League. Haberá dúas modalidades: O Gran Trail ‘Montes de Vigo’, cun percorrido de 22 km, un desnivel +1050 e saída ás 10:00 h; e o Mini Trail ‘Montes de Vigo’, cun percorrido de 12 km, desnivel +650 metros e saída ás 10:30 h.
VIGO CONTRA EL CÁNCER- 19 de outubro en Coia
A XII edición da Carreira Vigo Contra el Cáncer tingue Coia de azul nun evento deportivo que financia o proxecto VIGO4SAR, unha investigación dirixida á personalización dos tratamentos das persoas afectadas polo sarcoma, un cancro pouco investigado con especial incidencia entre a xente nova. O percorrido, aínda por anunciar, será de 5 km e 10 km.
GRAN FONDO CAIXABANK | MEDIO MARATÓN DE PONTEVEDRA – 20 de outubro ás 10:30 h en Pontevedra
Trátase dunha carreira pedestre organizada cada ano na cidade de Pontevedra, cun percorrido polo seu centro histórico, nun trazado homologado de 21.097 metros para o medio maratón e unha modalidade de 10 km e outra infantil. Haberá unha quedada para o recoñecemento do percorrido, dando unha volta polo mesmo, o venres 17 de outubro desde a porta principal do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
LA 21– 16 de novembro ás 10:00 h desde O Vao
A XXVIII edición de La 21 Media Maratón de Vigo, unha carreira cun percorrido urbán de 21.097 metros homologado pola RFEA. Non hai que estar federado para participar. A saída terá lugar na Estrada do Vao, fronte ao campo do Coruxo CF, atravesando a praia de Samil, Alcabre, Bouzas, os túneles de Orillamar, chegando á piscina do RC Náutico de Vigo. Tamén ofrécese unha modalidade de 10 km, Os 10.000 de Aljeandro Gómez, con saída ás 11:00 h desde a praia de Samil, fronte ao Circuito de Automodelismo de Vigo.
TRAIL DO TREGA- 23 de novembro en A Guarda
Trátase dunha proba que que cruza o Monte Santa Tegra e os seus arredores, cun percorrido de 18 km (na última edición). Este ano, o trail terá lugar o 23 de novembro, quedando aínda por confirmar a información adicional e o reglamento deste ano, que sairá nas próximas datas na súa páxina web.
ÉRGUETE E CORRE- 30 de novembro desde o CC Vialia de Vigo
A Asociación Érguete de Axuda ao Toxicómano organiza a carreira popular Érguete e Corre o día 30 de novembro, sendo a última das carreiras do circuito RunRun Vigo. A iniciativa busca recadar fondos para os programas sociales da Asociación, que atende cada ano a máis de 8.000 persoas. Aínda queda por confirmar información adicional.



