Volve o Pequefreak con máis días, máis curtametraxes e un xurado infantil
A sección infantil do Galician Freaky Film Festival chega á súa quinta edición con curtametraxes inéditas, obradoiro de efectos especiais, a proxección de Cariño, he encogido a los niños e un novo premio. As entradas xa están á venda na web do festival.

A V edición do Pequefreak celebrarase os días 20 e 21 de setembro na sala Apo’strophe.arte e nos Cines Tamberlick da Praza Elíptica de Vigo. O evento brinda aos pequenos da familia a experiencia de participar nun festival de cinema por primeira vez, con proxeccións de curtametraxes internacionais, obradoiro de efectos especiais e a proxección de Cariño, he encogido a los niños. As entradas para todas as actividades xa están á venda na web desde
O gran éxito do Pequefreak no 2024 levou á organización do festival a ampliar o evento a dúas xornadas nas que as familias desfrutarán de máis actividades e máis proxeccións baixo o lema Se es pequeno e es freak, vén ao Pequefrek!. Os pequefreaks poderán gozar novamente dunha selección oficial de vinte curtametraxes chegadas de países como Lituania, Xapón, Canadá, Francia ou Corea do Sur, ademais de galegas. Do total de obras, dúas son premiers mundiais, tres estréanse en España e sete en Galicia.
Como novidade desta edición, o Pequefreak contará cun xurado formado por nenos de entre 9 e 11 anos, os cales entregarán o novo Gran Premio Pequefreak á mellor curta infantil. Os interesados en formar parte deste especial xurado poden inscribirse na web do festival ata o próximo 22 de agosto.

O GFFF traslada ao Pequefreak a temática Mad Doctors que percorre todo o festival e proxectará Carño, he encogido a los niños, unha película imprescindible da infancia dos milenials, que poderán desfrutar na gran pantalla e en compañía dos seus fillos. Dirixida por Joe Johnston, director de Jumanji, e estreada en 1989, o filme xira en torno ao científico Wayne Szalinski, quen accidentalmente encolle aos seus fillos a un tamaño diminuto, desencadeando unha serie de aventuras no xardín da súa casa.
Outro dos puntos fortes do programa é a celebración do exitoso obradoiro de efectos especiais prácticos impartido polo artista Ricardo Spencer. Cada ano, a rapazada desfruta aprendendo técnicas para crear feridas, cortes, amputaci´çons e esceas de acción mentres dan renda solta á súa imaxinación. Dado o éxito sábado 20 ou o domingo 21 e están xa dispoñibles na web do festival.

Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A prohibición dos concertos nos chiringuitos golpea aos músicos locais - 10 Xullo, 2026
- Gudini: pratos de restaurante na túa neveira - 19 Xuño, 2026
- A Selección Galega de Fútbol Gaélico busca apoios para financiar a súa participación nos Xogos Mundiais - 5 Xuño, 2026
- Autobán convoca un premio ao mellor fanzine galego - 3 Xuño, 2026
- Caixiña de Ritmos propón un verán de baile, música e creatividade - 29 Maio, 2026

